NIGRÁN
Concello de Nigrán e Fundación La Caixa unen forzas para axudar ás vítimas dos incendios do 15 de outubro
A entidade ven de outorgar a través do Concello 10.000 € en axudas de emerxencia social para a familia que perdeu a súa casa en Chandebrito.
![[Img #41403]](upload/img/periodico/img_41403.jpg)
O Concello de Nigrán, a través da Fundación La Caixa, ven de entregar 10.000 euros en concepto de axuda de emerxencia social á familia que perdeu a súa casa e tódalas súas pertenzas no fatídico incendio do 15 de outubro en Chandebrito. A Obra Social, tras analizar cos Servizos Sociais do Concello de Nigrán a situación de Noemí Fialho e a súa nai, quixo axudar a esta familia que actualmente reside nunha vivenda prestada por un veciño e que deben abandonar proximamente.
“Dende o Concello de Nigrán axudamos en todo o que nos está permitido e tamén petamos nas portas de todos aqueles organismos e entidades que, sabemos, queren colaborar para paliar os estragos causados polo lume na propia natureza e tamén na vida das persoas, polo que estamos moi agradecidos a La Caixa”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán, quen alaba tamén o traballo realizado pola comunidade de montes de Chandebrito para recuperar a súa parroquia e axudar aos veciños. “Temos un compromiso coa comarca e este é un dos xeitos de revertir na sociedade o que ela nos aporta”, trasladou Igor de Las Heras, director da Área de Negocio de CaixaBank en Pontevedra Sur, a Noemí Fialho. “Esta é unha axuda moi importante para nos porque partimos de 0, estamos moi agradecidas”, sinalou Fialho.
Paralelamente, Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito continúan co seu traballo para reforestar a zona de monte arrasada polo lume con diferentes accións de carácter educativo e divulgativo. Compre recordar que na parroquia só sobreviviron ao lume 2 hectáreas do total de 232 de monte comunal existente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140