Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 20 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos Limpo Ponse en marcha

Neste plan de actuación a catro bandas, traballarán coordinadamente : a brigada municipal de parques e xardíns que chegará a contar con 15 membros xunto con 3 empresas : a de mantemento de parques e xardíns, a concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos e por último a empresa responsable do desbroce e limpeza de cunetas.

[Img #41407]

 

O Concello de Mos adxudicou o pasado mércores 9 de maio o servizo de desbroce e limpeza de cunetas das vías municipais, Con esta última contratacion bota a andar  este  servizo que formará parte do plan  Mos Limpo, tal e como informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza Viaria e Parques e Xardíns, Cándido Pérez.


Este plan integral  permanecerá a pleno rendemento ata outono, sobre o mes de outubro aproximadamente, para acadar o obxectivo de manter os lugares públicos en estado de máxima limpeza. Este cronograma de actuación ven marcado polas condicións climatolóxicas destes meses, que favorecen o maior crecemento da vexetación, así coma a celebración de máis actividades ao aire libre (festas, etc.) nas que se xeneran unha maior cantidade de residuos e desperdicios nos espazos públicos.


Para elo empréndese este plan de actuación a tres bandas máis , no que traballarán coordinadamente catro equipos: a brigada municipal de mantemento de parques e xardíns cun responsable á cabeza, o camión motobomba de propiedade municipal (co seu correspondente conductor) para realizar o apoio ás labores de rego e baldeos, a empresa adxudicataria do servizo de mantemento de parques e xardíns, fontes e lavadoiros e demais espazos verdes públicos e a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos.


As brigadas municipais faranse cargo tamén do mantemento de fontes e lavadoiros, da limpeza de determinados viais, do mantemento do paseo do río Louro así como o camiño de Santiago. Prestarase especial atención e coidado ao mantemento en perfecto estado do mobiliario urbano (marquesinas autobús, bancos, papeleiras, etc) para elo esta brigadas foi reforzada neste mes de maio trala  contratación de novos operarios para as brigadas de limpeza. Tratase dun equipo de 5 persoas (4 peóns e 1 conductor), solicitados con cargo ao Plan concellos, e que xa comenzaron a traballar neste mes de  maio, dando apoio ás brigadas municipais.


Tamén se solicitou por parte do Concello á contratación de 2 persoas preceptoras do RISGA (que comezarían a traballar en xullo) e na contratación de 4 peóns forestais solicitados a través do programa APROL da Xunta (que comenzarían no mes de xuño), como acción preventiva de lumes e para evitar queimas a raíza dos incendios do pasado mes de outubro de 2017. Dito persoal adicarase tamén á limpeza de maleza en fincas e taludes.


Deste xeito, nun prazo de medio ano (de maio a outubro), o goberno local mosense pretende lograr un Mos Limpo con maiúsculas para uso e disfrute das persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.