Provincia
Máis de 80 persoas de catro concellos da provincia inician os obradoiros de “Depo en marcha”
O programa da Deputación de Pontevedra ten por obxectivo favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros que axudan a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade
![[Img #41415]](upload/img/periodico/img_41415.jpg)
Os concellos da Estrada, As Neves, Pontevedra Vigo dan o pistoletazo de saída esta semana ao programa “Depo en Marcha 2018” da Deputación de Pontevedra. En total serán 83 persoas as que dean inicio ao programa da institución provincial.
En concreto, o luns 21 de maio comezará un obradoiro de “Musicoterapia” no que participarán 16 persoas Asociación de Cultura e Festas de Beirán, Vigo. Este obradoiro impartirase os luns e mércores e rematará o 9 de xullo.
Tamén o luns 21 de maio, 24 persoas da Asociación de Mulleres Rurais San Xurxo de Vea, da Estrada, comezarán un curso de “Risoterapia” que alongarase ata o vindeiro 9 de xullo.
Pola súa banda, o mércores 23 de maio dará comezo un obradoiro de “Conservando a Memoria” no que participarán 10 persoas da Asociación da Terceira Idade Rosalía de Castro da Sangueira, de Vigo. Este curso impartirase só os mércores e rematará o 3 outubro.
Tamén o 23 de maio, pero en Vigo, comezará un novo obradoiro de “Restauración de Mobles e Tapicería”. Nesta ocasión participarán, ata o 1 de agosto, 17 persoas da Sociedade Cultural Deportiva San Martín.
Por último, o xoves 24 de maio comezará nas Neves un curso de “Plantas Medicinais” no que participarán 16 persoas da Asociación de Veciños San Cibrán de Rebarteme.
O programa “Depo en marcha 2018” espallará pola provincia de Pontevedra obradoiros englobados nas áreas temáticas de “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”. Os principais obxectivos desta iniciativa da Deputación son, tal e como detallara a presidenta da Deputación, “favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros que axudan a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida, establecer relacións sociais e fomentar a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a súa independencia para evitar o illamento e situacións de soidade”.
As actividades terán lugar nun total de 37 concellos da provincia: Agolada, Arbo, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo,Cuntis, A Estrada, O Grove, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Tomiño, Valga, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149