Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra adxudica as accións formativas ás entidades beneficiarias da provincia de “Conectadas 2018”

Un total de 306 entidades, pertencentes a 57 concellos, van participar nesta terceira edición do programa.

[Img #41440]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar as accións formativas ás entidades beneficiarias do programa “Conectadas 2018”. Así o sinalou esta semana a Presidenta da Institución Provincial, Carmela Silva, que destacou que nesta terceira edición do programa “van a participar 306 entidades, pertencentes a 57 concellos da provincia”, o que supón que máis de 4.500 persoas se van beneficiar desta iniciativa.

 

Silva lembrou que “este proxecto ten unha contía de 324.000€” e ten por finalidade “mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías”.

 

Cada curso formativo, dos 46 que se ofertan, terán entre 20 e 25 prazas e unha duración de 35 horas repartidas en dúas ou tres horas semanais. Ademais, en cada unha destas accións formativas se deberá incluír de forma transversal nos seus contidos o tratamento da igualdade efectiva entre mulleres e homes, incluíndo tamén un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades.

 

Este programa, destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, está distribuído nos seguintes oito bloques temáticos: “Muller emprende”, “Muller e cultura”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate ao cambio”, “Ponte en forma” e “coidados persoais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.