Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Falece o condutor dun turismo tras unha colisión en Mos

Unha persoa faleceu a causa dunha colisión entre un turismo e un camión na N-550, ao paso pola localidade pontevedresa de Mos.

 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pasadas as sete da tarde de onte mediante as chamadas de varios condutores que alertaban dunha colisión entre un camión e un coche colidiron no punto quilométrico 150 da N-550, á altura da parroquia de Louredo.

 

Ata o lugar, acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Garda Civil de Tráfico, que, poco despois, confirmaban o falecemento da persoa que conducía o turismo. Ademais, indicaron que a vítima estaba atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros do Baixo Miño para a excarceración. 

 

Mentres duraron estas tarefas, os axentes da Garda Civil de Tráfico procederon á interrupción da circulación na zona, que puido reanudarse unha vez finalizado o operativo. Tamén solicitaron a colaboración do persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, que se encargou de retirar os restos provocados polo accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.