GALICIA
A Xunta salienta a importancia do coñecemento para a industria 4.0
O director do Igape, Juan Cividanes, participou nun encontro de traballo no Colexio de Enxeñeiros Industriais co obxectivo de dar a coñecer as axudas 4.0 que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición das empresas.
![[Img #41524]](upload/img/periodico/img_41524.jpg)
O director do Igape, Juan Cividanes, salientou onte no almorzo de traballo mantido con membros do Colexio de Enxeñeiros Industriais a importancia do coñecemento como fío condutor das novas tecnoloxías chamadas a transformar o tecido empresarial mediante a incorporación da Industria 4.0.
Cividanes destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a impulsar, ao abeiro da Axenda Industria 4.0, e especialmente a través do Igape e de Gain, un amplo catálogo de servizos de formación e asesoramento, así como un variado abano de axudas para favorecer os avances das empresas na nova revolución industrial.
Citou, neste sentido, programas como os de axudas á formación 4.0, que este ano facilitarán a incorporación de novos coñecementos por preto de 800 directivos e técnicos vinculados ás Pemes galegas, mediante cursos especializados promovidos por clústers, asociacións empresariais, centros tecnolóxicos ou colexios profesionais de enxeñeiros.
Destacou o papel dos profesionais e técnicos industriais no avance e consolidación da Industria 4.0 entre as pemes galegas
Tamén se referiu aos obradoiros de dixitalización convocados este ano por primeira vez e cos que o Igape promove a xeración de proxectos de investimento neste ámbito para facilitar a transformación dixital do tecido produtivo. A este respecto, adiantou que o próximo 1 de xuño, activarase a nova convocatoria de axudas para apoiar investimentos na dixitalización das pemes, logo de que se presentasen máis dun cento de proxectos á primeira convocatoria.
Por outra banda, o director do Igape lembrou que son xa máis de 70 as empresas galegas que investiron ou están a desenvolver proxectos no eido da Industria 4.0, e avanzou que este ano se lanzará a terceira edición do concurso de ideas patrocinado pola Xunta para seguir impulsando proxectos demostrativos que permitan acelerar a incorporación das novas tecnoloxías ás empresas galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170