Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 23 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos acolle a Final do Campionato Galego de Fútbol-8

Preto de 200 rapaces de 12 equipos daranse cita o vindeiro sábado no Campo de Fútbol das Baloutas.

[Img #41544]

 

Esta mañá celebrouse no Concello de Mos a presentación da Fase Final do Campionato Galego de Fútbol-8 (Alevín, Benxamín e Prebenxamín) que se disputará o vindeiro sábado, 26 de maio, a partires das 11.00 horas da mañá e ao longo de todo o día, no mosense Campo de Fútbol das Baloutas.


Á presentación oficial da Final asistiron Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde de Mos, Baldomero Lorenzo, concelleiro de Deportes de Mos, os tamén edís mosenses Julia Loureiro e Luis Alonso; e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio.


Como cada ano, o último sábado de maio, a Real Federación Galega de Fútbol organiza a Fase Final do Campionato Galego de Fútbol-8, que abrangue as categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín e que este ano terá como esceario o campo mosense das Baloutas. Os catro mellores equipos galegos de cada unha das categorías xúntanse neste caso en Mos en busca do título autonómico.


A Fase Final de Fútbol-8 será televisada pola TVG, que emitirá a xornada de tarde en directo e fará redifusión en diferido. Un dos grandes atractivos deste evento será a presenza de centos de afeccionados que se desprazarán cos 12 equipos participantes. En total participarán neste evento deportivo preto de 200 nenos.


Os 12 equipos participantes serán o C.D. LUGO S.A.D., o R.C. CELTA S.A.D. Alevín, o R.C. DEPORTIVO S.A.D. Alevín, o PORRIÑO INDUSTRIAL, o C.D. CALASANZ, o R.C. CELTA S.A.D. Benxamín, o R.C. DEPORTIVO S.A.D. Benxamín, o PABELLÓN C.F. de Ourense Benxamín, o VICTORIA C.F. de A Coruña, o PABELLÓN C.F. de Ourense Prebenxamín, o URAL C.F. de A Coruña e o A.J. LÉREZ de Pontevedra.

 

Os encontros terán unha duración de 2 tempos de 20 minutos cada un, con cinco minutos de descanso entre ambos. Os empates resolveranse mediante o regulamentario lanzamento de penaltis (3 cada equipo). Se persiste o empate seguirán os lanzamentos ata que un equipo resulte vencedor.

 

O último partido xogarase en horario de 18:00 – 18:45 horas e ás 19.00 horas realizarase a entrega de medallas e trofeos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.