Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
Tui

Confirmada unha persoa falecida e máis de dez feridos en Tui

Os servizos de emerxencias traballan na explosión rexistrada en Paramos, Tui

[Img #41565]

 

Os servizos de emerxencias trasladáronse esta tarde ao lugar de Paramos, en Tui, logo de que se rexistrara unha explosión de material pirotécnico.

 

Ata o momento, está confirmado o falecemento de alomenos unha persoa e máis de dez feridos, que xa foron trasladados a centros hospitalarios e hai varias casas afectadas. Os medios seguen traballando na zona para facer todas as comprobacións necesarias.

 

[Img #41566]

Ante esta situación, mobilizáronse aos bombeiros do Morrazo, Ribadumia, Baixo Miño, e Valença; así como as policías locais de Porriño e Tui; a Policía Autonómica; 061, que mobilizou 2 helicópteros e varias ambulancias; e persoal de incendios do servizo 085, tamén coa mobilización de helicópteros, brigadas e motobombas.

 

A Xunta activou o Plan Territorial de Emerxencias (Platerga) no nivel I, así como tamén a asistencia recíproca interrexional en Emerxencias a través do ARIEM.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.