Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 26 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O goberno local leva a cabo traballos de desborde para previr os incendios

[Img #41605]

 

A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, iniciou a principios de mes o desborde dos camiños, corte de maleza, retirada de silvas, saneamento de pontes e sendas, corte de herbas, roza, poda e o aviado de pistas e beiravías.


Os traballos seguirán de xeito “ininterrompido” ata finais de setembro e principios de outubro e abranguerán todas as parroquias, tal e coma se fixo xa os anos pasados.


Márques subliña que dende hai tres semanas estes traballos están a realizarse en Atios, Mosende e Cans e nos vindeiros días seguirán por Torneiros, Chenlo, Budiño, Pontellas e Porriño.


Na actualidade son catro as brigadas as que están realizando esta labor que, “en canto complete todas as parroquias volverá a comezar”, salienta o concelleiro, de xeito que “actuaremos durante os meses nos que hai máis risco de incendios”.


A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, lembra que o ano pasado a actuación de prevención, “rozando e desbordando, facendo un traballo constante durante meses de coidado dos camiños, quitando a maleza e mantendo limpas as pistas e beiravías, tivo coma resultado que os danos dos lumes no Porriño fosen moitísimo menores que noutros concellos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.