DEPORTES
Carmela Silva felicita ao Pontevedra CF por manterse na categoría no acto de entrega da resolución da axuda a clubs de elite de 160.000 euros
A Presidenta da Deputación renova o apoio da institución ao club de fútbol que preside Lupe Murillo pola visibilización que ofrece da capital e da totalidade da provincia.
![[Img #41634]](upload/img/periodico/img_41634.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, felicitaba esdta semana ao Pontevedra CF por manterse na categoría no acto de entrega a súa presidenta, Lupe Murillo, da resolución presidencial polo que concédese 160.000 euros de axuda. Silva recoñeceu que estivo moi atenta nas redes sociais aos últimos partidos do Pontevedra para comprobar que o club da capital mantiña a súa categoría e mostrou a súa alegría por ter acadada a permanencia.
Silva recoñeceu que para a cidade é moi importante que o Pontevedra se manteña na segunda división B pola visibilización que ofrece non só para a capital senón para a totalidade da provincia. A Presidenta provincial subliñou que o deporte cada día é máis importante “é o fútbol ademais ten unha grande visibilización e de enorme atracción dos lugares onde hai equipos e ademais falan das nosas tradicións e dos nosos sentimentos”. Silva recoñeceu que ademais contan cunha grande capacidade de unión da cidadanía e así “toda a xente da cidade de Pontevedra é do Pontevedra e polo tanto é moi importante manterse na categoría”.
O deporte é a “nova revolución do século XXI” recoñeceu a Presidenta e “as administracións temos a obriga de apoiar o deporte e os clubs porque amais o fútbol ten unha gran capacidade de atraer seguidores “. Silva esperou grandes retos e obxectivos do Pontevedra CF para a próxima tempada ao considerar “un grande equipo con moita tradición e con moitos seguidores non so en Pontevedra capital senón en toda a provincia e, como sempre, dicimos Hai que roelo…”.
Pola súa parte, a presidenta do Pontevedra CF, Lupe Murillo, agradeceu as palabras de Carmela Silva polo apoio que sempre mantén o seu club e a todo o deporte da provincia. Murillo recoñeceu que esta tempada pasada foi moi dura e esperou que a seguinte sexa un pouco mellor.
A resolución presidencial entregada hoxe contempla unha axuda de 160.000 euros dentro do apoio que a Deputación establece para os equipos da provincia que se encontran en segunda división B e para aqueles que subiron ao longo desta tempada

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149