Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 29 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación adxudica a unha empresa do Porriño o contrato para “Depoemprende II”

A empresa encargada desta asistencia, que finalizará en xuño deste ano, será Norformación S.L..

[Img #41683]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar, por procedemento aberto, o contrato para a prestación do “Servizo de Asesoramento e Mentorización no marco DepoEmprende II, cofinanciado polo Fondo Social Europeo”. Ó concurso presentáronse un total de 6 empresas sendo adxudicada a Norformación S.L., por un valor de 131.202,72 €. O prazo de execución do contrato será de mes e medio dende a data de formalización e, en todo caso, finalizará o 20 de xuño de 2018.

 

Este servizo consistirá en formar, asesorar e supervisar aos alumnos na actividade económica. Mediante titorías individuais, tanto online como presenciais, o obxectivo da empresa adxudicada será resolver dúbidas e necesidades particulares de cada unha das persoas, así como acompañar o establecemento dos primeiros contactos e relacións iniciais con clientes, provedores e socios.

 

“DepoEmprende II”, que conta cun orzamento de 600.975 euros, ten por obxectivo mellorar as capacidades das mozas e mozos que queiran ser emprendedores e emprendedoras a través da formación e do asesoramento, ao tempo que permite loitar contra o despoboamento do medio rural da provincia fomentando a igualdade de oportunidades no acceso á formación.

 

Máis polo miúdo, o programa está dirixido a persoas desempregadas menores de 30 anos e pretende espallar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento, debido á súa achega de creatividade e innovación, e eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos. Tamén pretende promover a incorporación ao mercado laboral a persoas novas de toda a provincia, ofrecer itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás necesidades das persoas novas en diferentes localizacións da provincia e garantir a non exclusión por motivos sociais.

 

Depoemprende II consta de 9 itinerarios formativos en Pontevedra, Cangas, O Porriño, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra encamiñados á obtención do certificado de profesionalidade “Creación e xestión de microempresas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.