PROVINCIA
O Choco de Redondela e o Estudiantil de A Estrada xogarán a final da Copa Deputación de Pontevedra de Fútbol
Os dous equipos foron os gañadores das rondas clasificatorias das zonas Norte e Sur da provincia nas que participaron 113 equipos.
![[Img #41787]](upload/img/periodico/img_41787.jpg)
O Club Deportivo Choco de Redondela e o Agrupación Estudiantil Club de Fútbol de A Estrada son os dous equipos que disputarán a final da Copa Deputación de Fútbol masculino. Ambos clubs foron os clasificados das rondas clasificatorias da zona Sur e da zona Norte.
A Copa Deputación de Fútbol deste ano contou coa participación de 113 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, é dicir, 6 más que na edición de 2017. Na zona Norte participaron 61 equipos, 2 de Terceira División, 8 de Preferente, 11 de Primeira Autonómica, 18 de Segunda Autonómica e 22 de Terceira Autonómica. Na zona Sur foron 52 equipos os que participaron na Copa. Máis polo miúdo xogaron 2 equipos de Terceira División, 7 de Preferente, 6 de Primeira Autonómica, 13 de Segunda Autonómica e 24 de Terceira Autonómica.
O Choco xogou o último partido contra o Atlético Villar nun derbi redondelán que o final acabou 2-0 a favor do equipo de terceira rexional fronte un Villar que milita en segunda autonómica. Agora o Choco terá que defender o seu posto despois de acadar as tres últimas Copas Deputación.
Na zona Norte, tamén nun duelo local o Estudiantil venceu os penaltis ao Estradense , tras os noventa minutos sen goles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184