Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 06 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
Provincia

O concurso escolar Creando Rural remata con máis de 4.700 votos do público

Os colexios Laredo (Redondela), Mallón (Nigrán), Pintor Antonio Fernández (Tomiño), Serra de Vincios (Gondomar), As Solanas (A Guarda) e Souto Donas (Gondomar), gañadores do certame.

[Img #41817]

 

Éxito de participación na primeira edición do concurso escolar Creando Rural, posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural co obxectivo de achegar coñecementos sobre o desenvolvemento rural ás cativas e cativos e, a través deles, informar sobre a Medida Leader  á poboación residente nos 13 concellos que pertencen ao Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR 14) (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui).


En total, 28 aulas de 12 centros escolares de 7 municipios do territorio presentaron os seus proxectos a concurso para participar nalgunha das dúas categorías aberta, educación infantil e primaria. Os colexios participantes foron, por concellos:

  • Gondomar:
    • CEIP Serra de Vincios
    • CEIP Souto Donas
  • A Guarda:
    • CEIP As Solanas
  • Nigrán:
    • CEIP Mallón
    • Pazos de Borbén:
    • CEP Curros Enríquez
  • O Porriño:
    • ACEESCA. Centro de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor
  • Redondela:
    • CEIP Laredo
    • EEI de Ventosela
    • CPR Plurilingüe Vigo
  • Tomiño:
    • CRA Mestre Manuel Garcés. Participou coas escolas da Aurora, de Amorín, de Barro, de Carregal, de Estás, de Figueiró, de Forcadela, do Seixo 2, de Vilachán e de Vilameán.
    • EIP Pintor Antonio Fernández


Proxectos gañadores
Ao éxito de participación hai que sumarlle o éxito de resposta do público na votación popular, xa que se recibiron un total de 4.707 votos. De estes, 2.852 foron para a categoría de educación infantil e outros 1.855 para a categoría de primaria. Así, as aulas gañadoras por votación popular foron:

  • 6º EI CEIP As Solanas (A Guarda) – categoría educación infantil
  • 2º EP CEIP Souto Donas (Gondomar) – categoría educación primaria

 

Por outra banda, debido á calidade dos proxectos presentados a concurso, o tribunal decidiu por unanimidade outorgar catro premios ex aequo para recoñecer o gran traballo levado a cabo polo alumnado e profesorado participante. As clases gañadoras da votación do xurado son:

  • 5ºEI CEIP Laredo (Redondela) – categoría educación infantil
  • 5ºEI CEIP Mallón (Nigrán) – categoría educación infantil
  • 5ºEP CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño) – categoría educación primaria
  • 3ºEP CEIP Serra de Vincios (Gondomar) – categoría educación primaria

 

Como premio os gañadores da categoría infantil, que concursaron cun mural creativo, realizarán unha excursión dun día de duración á Granxa Escola O Kiriko (Fornelos de Montes) os vindeiros días 4 e 6 de xuño. Pola súa parte, os vencedores na categoría de educación primaria, que tiveron que preparar un vídeo para o concurso, visitarán o vindeiro 8 de xuño o centro de actividades na natureza FervenzAventura, en Silleda.


Dende a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural quérese dar a noraboa a todos os gañadores e gañadoras do concurso e agradecer a todos os centros escolares que que se presentaron a súa participación e implicación no proxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.