TURISMO
A nova tempada dos ‘Trens Turísticos de Galicia’ arranca cun cen por cen de ocupación nas dúas rutas inaugurais
As primeiras saídas da Ruta dos Faros e da Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Sil constatan o éxito da iniciativa de Turismo de Galicia, Renfe e o Inorde que se estenderá ata o vindeiro mes de outubro con propostas en 12 itinerarios diferentes.
![[Img #41874]](upload/img/periodico/img_41874.jpg)
As rutas dos Faros e a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo río Sil inauguran, cun cen por cen de ocupación nas súas primeiras saídas, a sexta edición do programa Trens Turísticos de Galicia, impulsado por Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Desde hoxe e ata o mes de outubro realizaranse 56 saídas nas 12 rutas temáticas programadas e que, por primeira vez, inclúen teatralizacións nalgúns itinerarios a cargo de personaxes que descubrirán a historia dos lugares que atravesan.
As dúas rutas inaugurais que saen hoxe permiten coñecer boa parte dos mellores recursos da costa e do interior de Galicia. No caso do itinerario dos Faros, este ano inclúe por vez primeira un programa opcional para coñecer Ferrol en profundidade. O seu percorrido, comprende, entre outros, unha visita a Cabo Ortegal, Santo André de Teixido, o Cabo de Estaca de Bares, O Barqueiro ou Ribadeo. Pola súa banda, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Sil permite coñecer enclaves como Monforte de Lemos, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e inclúe visitas a adegas desta Denominación de Orixe e paseo en catamarán.
Xunto a elas, nos vindeiros meses esta proposta turística permitirá introducir novidades como a nova Ruta dos Mosteiros, coa que se poderán visitar o pazo de Oca, e o mosteiro de Carboeiro, ademais do mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, ou o templo da Veracruz do Carballiño. Rematarase a xornada no balneario de Caldas de Partovia. Tamén se estreará a Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Miño. No seu itinerario estarán presentes, espazos como o Ecomuseo Arxeriz amais dun paseo en catamarán polo Miño.
A edición deste ano incorpora percorridos polos mosteiros galegos, a posibilidade de coñecer a Ribeira Sacra polo río Miño e a teatralización en varias das visitas
A elas sumaranse, a Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras, a Ruta do viño das Rías Baixas, a Ruta dos viños do Ribeiro-Rías Baixas, a Ruta do Viño Monterrei, a Ruta da Lamprea, a Ruta Lugo Romano e a Ruta Ourense termal e Versalles, que remata nas Termas de Outariz. As viaxes teatralizadas pola Ruta do Viño Monterrei, a Ruta dos Viños do Ribeiro e Rías Baixas e a Ruta Lugo Romano.
Turismo de calidade e sustentable
Os Trens Turísticos de Galicia 2018 son unha proposta de turismo de calidade, tranquilo e sustentable que encaixa co modelo turístico galego plasmado na Estratexia do turismo de 2020. Inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 40 euros para adultos e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes pódense adquirir na web de Renfe. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia ou no teléfono 912 555 912 da Central de Reservas de Trens Turísticos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184