Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 04 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos pon en marcha “BANDOMOVIL”

Mañá celebrarase unha reunión aberta a toda a veciñanza que estea intesesada en instalar a aplicación no seu teléfono para así recibir información local en tempo real e poder interactuar co Concello comunicando incidencias ou remitindo suxestións.

O Concello de Mos convocou ás asociacións veciñais e culturais do municipio, así como aos habitantes da localidade mosense en xeral á presentación dunha nova aplicación móbil municipal que leva por nome “BANDOMOVIL”.

 

A devandita presentación terá lugar mañá martes, 5 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Axencia de Colocación. Durante a mesma informarase ao/ás presentes de como baixar a aplicación nos seus smartphones, axudaráselles a instalala se están interesados/as en facelo e impartirase unha sesión tutorial de que utilidades ten e como funciona a app.

 

Esta iniciativa está promovida pola concellería mosense de Novas Tecnoloxías que dirixe o edil Óscar Soto. “BANDOMOVIL” é unha ferramenta nova existente que vai a permitir que os/as seus/súas usuarios/as estean informados/as as 24 horas do día de calquera aviso ou información emitida dende o Concello.

 

Á a súa vez, esta ferramenta dispón dun servizo de comunicación directa de incidencias, propostas e consultas municipáis, de modo que os/as veciños/as usuarios/as da mesma poidan enviar comunicacións sobre a caída dun arbol, mal estado de beirarrúas, molestias por ruídos, etc.,… Así como propostas de mellora que queiran facer e ademais recibirán todo tipo de información de calquera evento de interese para toda a veciñanza.

 

Soto explicou a este respecto que “debido a que hoxe en día o uso do móbil está tan extentido, esta aplicación terá unha utilidade sinxela, e de grande alcance para tódolos usuarios que se decidan e se animen a instalala e utilizala nos seus dispositivos. O obxectivo é que toda a veciñanza estea informada de forma instantánea, de todo o que suceda no municipio; ao tempo que sexa unha ferramenta que promova a interactividade entre a administración local e o seus habitantes promovendo a cercanía e a mellora dos servizos e prestacións municipais”.

 

Información, interacción e servizo en tempo real son os tres obxectivos principais que se pretenden acadar coa posta en marcha da app municipal “BANDOMOVIL”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.