GALICIA
A Xunta de Galicia incrementou nun 63% as horas de servizo de axuda no fogar en Noia desde o ano 2015
Ambos responsables abordaron temas de interese para a localidade no eido social.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá no seu despacho de San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, co obxectivo de abordar a situación e as necesidades existentes neste municipio coruñés en materia social. Esta xuntanza enmárcase no diálogo permanente que o titular da carteira autonómica de Política Social está a manter cos rexedores e rexedoras de Galicia coa finalidade de profundar nas liñas de colaboración entre administracións.
Así, a través do Servizo de Atención no Fogar (SAF), Xunta e Concello prestan servizo a veciños e veciñas de Muras que teñen a súa dependencia recoñecida. O titular autonómico de Política Social lembrou que desde o 2015, incrementouse en máis do 63% o número de horas de servizo prestadas, chegando na actualidade a 28.212 horas de servizo anuais.
En 2017, 124 familias de Noia se beneficiaron do Bono Concilia, unha axuda económica que contribúe ao pago dunha praza de escola infantil privada nos casos nos que non se consiga praza pública
Ademais, fixeron alusión á unidade de atención temperá que a Xunta estableceu en Noia e que da servizo tamén aos concellos de Porto do Son, Muros, Outes e Lousame e na que a Administración autonómica investiu máis de 114.000 euros.
Outro dos asuntos que abordaron Rey Varela e Manuel Requeijo durante a entrevista foi a atención á infancia. Cómpre destacar que 124 familias da localidade se beneficiaron en 2017 do Bono Concilia, unha axuda económica que contribúe ao pago dunha praza de escola infantil privada naqueles casos de solicitantes que non a consigan nunha escola ou recurso público para nenos de cero a tres anos.
O conselleiro e o rexedor acordaron que continuarán estudando posibles novas vías de colaboración entre as dúas administracións, co fin de mellorar os servizos e equipamentos de atención aos cidadáns en Noia, e conseguir así unhas mellores e máis eficaces políticas sociais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213