NIGRÁN
Nigrán engade ao espazo dunar protexido de Praia América os mil metros cadrados da escola de vela
Como novidade, este ano o Concello adxudicou nas inmediacións un posto de aluguer de esquí nautico e vela que poderá funcionar ata o 30 de setembro, igual que os quioscos de praia.
![[Img #41938]](upload/img/periodico/img_41938.jpg)
O Concello de Nigrán engadiu mil metros cadrados ao espazo dunar protexido de praia América-Panxón tras desmantelar a Escola de Vela que, durante 14 anos, viña ocupando eses terreos irregularmente e de xeito gratuito. Esta zona xa está acotada para impedir o tránsito e será rexenerada nos vindeiros días. Deste xeito, o espazo dunar de Nigrán suma xa 36.000 metros cadrados.
Paralelamente, o Concello incluíu este ano xunto a adxudicación de quioscos de verán un posto de aluguer de esquí náutico e vela cun cánon de 2.500 € que se ubicará ata o 30 de setembro nestas inmediacións.
"Queremos protexer ao máximo o ecosistema natural de Praia América devolvéndolle o seu equilibrio natural, esta é unha medida nesta liña e que casa co proxecto actual de mellora dos marxes do río Muíños que busca, entre outras cousas, evitar a gran erosión do sistema dunar", explica Juan González, alcalde de Nigrán.
O Concello instalará novos paneis informativos no sistema dunar con información ornitolóxica e de plantas invasoras
O Servicio Provincial de Costas del Estado, a petición do Concello tras detectar diversas irregularidades, retiroulle á antiga Escola de Vela 'Beach Escolas' a concesión administrativa que lle permitía ocupar mil metros cadrados do dominio marítimo-terrestre de Lourido, polo que en marzo os propietarios procederon a retirar a instalación da gran caseta de madeira. "Ocupaban un espazo desmesurado de xeito permanente pese a só funcionar no verán e non abonaban nin un euro ao Concello, nin sequera o consumo de luz e auga", explica o rexedor, quen reitera a súa aposta polos deportes náuticos "pero de xeito regulado e suxeito á normativa municipal, como se fixo coa nova concesión temporal de verán".
Paralelamente, o Concello de Nigrán instalará na vindeira semana novos paneis educativos no sistema dunar que conteñen información ornitolóxica e sobre as plantas invasoras que o ameazan co obxectivo de concienciar á poboación da importancia de preservar estes lugares naturais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217