Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 07 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O concello de Tomiño pecha o exercicio orzamentario de 2017 cumprindo a regra de gasto

A puntualidade nos pagos aos provedores, segue sendo outra constante, estando a media en menos de trinta días.

[Img #41971]

 

O concello de Tomiño pechou o pasado exercicio con estabilidade orzamentaria, é dicir, que os gastos non sobre pasaron os ingresos; así como cumprindo a regra de gasto. Deste xeito, no 2017 obtívose un superávit de 947.702,95 euros, tal coma reflicte o cálculo obxectivo de estabilidade orzamentaria, realizado polo Departamento de intervención. Destes e outros datos, deuse conta no último pleno ordinario, tal coma a lei o require.

 

Asemade, existe a obriga legal de comprobar, coa liquidación dos orzamentos, o cumprimento do obxectivo da Regra de Gasto que, segundo os informes preceptivos, cómprese no caso de Tomiño.


Do mesmo xeito, o nivel de débeda do Concello, estaría moi por debaixo do 75% dos ingresos correntes.

 

O concelleiro de Fazenda, Uxío Benítez, explica que “o Concello foi responsable na execución do gasto, axustando o que se gasta aos ingresos previstos”.

 

A Alcaldesa, Sandra González, pola súa banda salienta que “o máis importante, ademais destas cuestión técnicas de boa execución orzamentaria, é que o Concello de Tomiño segue destacando pola puntualidade nos pagos aos provedores, estando a media en menos de trinta días. “O concello é solvente economicamente e ten un nivel de execución óptimo, o que nos permite estar satisfeitos coa nosa xestión económica, agradecendo a labor de concelleiros, concelleiras e do equipo de intervención, que realiza a xestión diaria”, comentou a rexedora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.