Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 08 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño, sede da 10ª edición do ‘Torneo catro Nacións de balonmano feminino’

Disputarase esta fin de semana entre Cataluña, Euskadi, Guinea e Galicia

A décima edición Torneo IV Nacións feminino celebrarase a vindeira fin de semana, días 9 e 10 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Guinea. Ademais, hoxe venres, día 8, ás 8 da tarde, celebrarase un partido amigable, tamén no Porriño, contra a selección de Guinea.


Este torneo se celebra dende hai dez anos, con sedes alternas en Galicia, Euskadi e Cataluña. Á última edición celebrouse en Granollers a finais de 2016 e Galicia proclamouse vencedora, tras gañar na final a Euskadi.


O seleccionador Abel Estévez deu a coñecer a convocatoria para este torneo e o BM Porriño é o club que maior número de xogadoras aporta para a selección galega (seis) e xunto a elas estarán deportistas do Guardés, Carballal, BM Castellón, Logroño Sporting la Rioja e SAR Rodavigo.


Galicia xogará a semifinal o sábado, día 9 ás 6 da tarde contra Guinea, mentres que Cataluña e Euskadi xogarán o primeiro partido (16:15 horas). A final está prevista para o domingo, día 10 ao mediodía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.