Domingo, 25 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 11 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos rexistra a cifra de paro máis baixa dende fai trece anos

O mes pasado había no municipio mosense 19 desempregados menos que en maio de 2005.

[Img #42032]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron da "histórica baixada do paro que está a experimentar o municipio mosense, acadando índices de desemprego do ano 2005 e rexistrando a menor taxa de paro do Concello dende fai 13 anos".


En maio de 2005 eran 1.041 as persoas en situación de desemprego existentes en Mos, fronte ás 1.022 rexistradas en maio de 2018. Fai 13 anos eran incluso 19 parados máis respecto dos que hai a data actual.


A creación de emprego mosense estase producindo "a un ritmo notable, pois tan só durante o último ano a lista de desempregados descendeu en 208 persoas, o que representa unha baixada porcentual do 20,35%. En maio de 2017 eran 1.230 os parados mosenses e en maio de 2018, 1.022".


Os representantes municipais Arévalo e Soto declararon a este respecto que “con estes datos constátase a recuperación do emprego no noso Concello, e por tanto a recuperación da actividade empresarial. A recuperación trasládase ao mercado laboral mosense e cada vez chega a un maior número de persoas. O mercado laboral mellora gradualmente e o emprego que se crea vai gañando progresivamente en calidade a medida que se asenta a recuperación”.


O Concello de Mos pode enorgullecerse de ter traballado duro e de xeito constante en materia de emprego e de ter logrado, a pesar da crise económica e das dificultades atravesadas polo mercado laboral a nivel nacional, reducir o número de habitantes en situación de desemprego progresivamente.


Esta esperanzadora realidade é posible grazas ás políticas municipais de emprego proactivas que dende 2009 ten o Concello de Mos. Actualmente atópase en marcha un Obradoiro Municipal de Emprego (Mos Rehabilita), e está tramitándose a solicitude de dous novos que comezarían en setembro; tres Accións Formativas para Desempregados (cursos AFD), e tramitándose tamén a solicitude dos novos para inicialos no mes de setembro; o III PIE (Plan Integrado de Emprego) Mos 3.0, a Escola de Emprendemento que se inaugurou fai un mes e a Escola Segunda Oportunidade, que botará a andar no último trimestre do presente ano. Con estas dúas últimas iniciativas queda totalmente cumprido o programa electoral do actual equipo de goberno en materia de fomento do emprego, segundo informa o edil Soto.


Ademais, hai que lembrar que o de Mos é Concello Emprendedor Doing-Business e conta cunha Axencia Municipal de Colocación na que unha Orientadora Laboral e unha Técnico en Asesoramento a Emprendedores prestan apoio a todos os usuarios que o demanden.


O Concello de Mos tamén conta cun convenio de colaboración coa Fundación La Caixa-Microbank para a financiación a emprendedores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.