PONTEAREAS
A Deputación abre o prazo para inscribirse na “Depo Andaina” do Castelo de Sobroso
A ruta, que sairá de Mondariz, terá lugar o vindeiro 8 de xullo e as inscricións, cun límite de 300 prazas, estarán abertas ata o mércores 4 de xullo.
![[Img #42130]](upload/img/periodico/img_42130.jpg)
A Deputación de Pontevedra abriu o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na terceira quenda do programa gratuíto “Depo Andainas”, unha nova ruta que terá lugar o domingo 8 de xullo, que sairá do concello de Mondariz e chegará ata o Castelo de Sobroso.
Esta “Depo Andaina” ten unha dificultade media-alta e o seu percorrido será de 14 quilómetros. O prazo permanecerá aberto, cun límite de 300 prazas, ata o vindeiro mércores 4 de xullo a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas.
Como actividade complementaria, esta ruta contará cunha pequena charla da historia do Castelo de Sobroso, a súa orixe e a súa importancia nesa época, os momentos claves da súa existencia e algunha das batallas libradas. Amais, no Castro de Troña veremos unha pequena parte da vida neste antigo asentamento.
Como actividade complementaria, haberá unha visita guiada polo Castelo de Sobroso e unha pequena charla sobre a súa historia
A terceira cita das “Depo Andainas” ten como punto de saída a casa do concello de Mondariz. Dende aí, as persoas participantes dirixiranse cara á zona de Castro Laredo, onde enlazarán cun tramo da ruta do río Xabriña, por riba do Escobeiro, ata chegar a unha ponte onde xa comeza a subida ao Castelo de Sobroso. No recinto do Castelo farase unha pequena ruta guiada e a súa historia. Alí, as panorámicas que se contemplan farán esquecer o esforzo da subida. Unha vez abandonado o Castelo de Sobroso, a andaina sairá pola cara oeste do monte Landín, tamén afectado polos incendios de 2017. Este camiño levará as persoas participantes ata o interesante castro de Troña e en dirección a Mondariz-Balneario, onde tomarase parte da ruta do Tea para volver ao punto de saída.
Esta “Depo Andaina” contará cun aparcadoiro na parte de abaixo do concello, cerca do campo de fútbol e do colexio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149