Galicia
Santiago de Compostela sede da Supercopa Endesa 2018
Mañá xoves 14 de xuño asinarase o acordo para a celebración da Supercopa Endesa 2018 en Santiago de Compostela. Monbus Obradoiro (anfitrión), FC Barcelona Lassa (campión da Copa do Rei), Real Madrid (campión da Euroliga) e Kirolbet Baskonia (clasificado a través da Liga Endesa) competirán polo título no torneo inaugural da próxima temporada 2018-19
O Concello de Santiago de Compostela acollerá este próximo xoves 14 de xuño (12:00 h) a firma do contrato para a celebración da próxima edición da Supercopa Endesa, tras o acordo ao que chegaron a ACB e o Concello. Así, o Fontes do Sar acollerá o torneo que decidirá o primeiro título oficial da temporada 2018-19.
A sinatura do acordo realizarase no Concello de Santiago coa presenza de Martiño Noriega, alcalde da cidade; José Miguel Calleja, director xeral da ACB; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; Miguel Temboury, director xeral territorial Zona Noreste de Endesa; Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro, e Noa Morales, concelleira de Deporte de Santiago.
A Supercopa Endesa de Santiago de Compostela 2018 disputarase entre o 21 e o 22 de setembro, datas supeditadas á confirmación por parte da Asemblea Xeral ACB.
Ademais, a nómina de participantes xa está completa. Son os seguintes: Monbus Obradoiro, en condición de anfitrión; FC Barcelona Lassa, como campión da Copa do Rei Gran Canaria 2018; Real Madrid, como campión da Euroliga 2017-18, e Kirolbet Baskonia, que está disputando as semifinais da Liga Endesa.
A praza que quedaba vacante para disputar a Supercopa Endesa 2018 correspóndelle ao campión da Liga Endesa. Se este fora un de los equipos xa clasificados para a Supercopa Endesa, ocuparíaa o subcampión. E se este tamén tivera xa praza, a vacante ocuparíaa o mellor clasificado da liga regular. Dado que a final só a poden disputar xa Real Madrid, FC Barcelona Lassa e Kirolbet Baskonia, e os dous primeiros teñen praza asegurada, o conxunto baskonista ve garantida así a súa participación no torneo como campión, subcampión da Liga Endesa ou mellor clasificado da liga regular (foi segundo, por detrás do Real Madrid).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136