Sábado, 03 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 15 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán constata "a recuperación da potabilidade" das fontes despois dos incendios

As novas análises revelan que na parroquia de Camos e Chandebrito a maioría dos mananciais xa son aptos para o consumo.

[Img #42215]

 

As novas análises encargadas polo Concello de Nigrán das fontes de todo o municipio revelan que a maioría das situadas nas parroquias de Camos e Chandebrito xa son aptas para o consumo (tralos incendios de outubro o Concello detectou que máis do 50% delas eran temporalmente non potables debido aos estragos do lume). En total, analizaronse 36 fontes nestas parroquias e só 6 aínda non son actualmente aptas (Escampado, Levada, Reboreda e Río en Camos; Pracíns de abaixo e Regueiro en Chandebrito). Entre as recuperadas figura Fonte da Cruz, Borreiros, Tomadas ou o Castro. Tralo incendio do 15 de outubro e, debido á forte seca, só se puideron analizar 21 manancias.

 

Esta información foi trasladada xa ás entidades veciñais das parroquias e o Concello procederá inmediatamente a sinalizar cada unha delas, repetíndose periodicamente as análises para manter unha información actualizada. En calquera caso, pídeselle á veciñanza que preste atención á sinalización e non beba mentres se indique unha fonte como non apta para consumo.

 

O Concello de Nigrán repartiu máis de 70.000 litros de auga nas parroquias de Chandebrito e Camos as semanas posteriores aos incendios. Ademáis de afectar ás fontes, o incendio destruiu canalizacións de traídas comunáis e mesmo dos seus depósitos, motivo polo que os veciños de Chandebrito e boa parte dos de Camos quedaron sen auga, xa que nesta zona non hai abastecemento municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.