SOLIDARIOS
O Fondo Galego de Cooperación supervisa sobre o terreo os proxectos financiados en Mozambique
O alcalde de Nigrán, presidente da entidade, coñeceu de primeira man o labor da Fundação Encontro para mellorar a calidade de vida das comunidades locais.
![[Img #42234]](upload/img/periodico/img_42234.jpg)
O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e tamén alcalde de Nigrán, Juan González, áchase desde o pasado luns e ata mañá xoves en Mozambique acompañado de persoal técnico para supervisar os proxectos que a entidade está apoiando na zona e establecer futuras liñas de colaboración. A delegación mantivo diversos encontros institucionais na capital antes de desprazarse ao distrito de Boane para coñecer de primeira man o traballo da Fundação Encontro, un dos principais parceiros da asociación de concellos e deputación no país lusófono que atende á poboación vulnerable.
Alí entrevistáronse co grupo de activistas que se encarga de dinamizar os proxectos e asistiron aos adestramentos da iniciativa que cofinancia o Fondo Galego para previr doenzas e adiccións na mocidade a través do deporte. "Reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces é o obxectivo deste proxecto, así coma ofrecer alternativas de lecer a través do atletismo ou fútbol", explica González, quen ademais entregou 40 mochilas, 40 equipaxes deportivos e 40 balóns de fútbol proporcionados por Aqualia. Tamén visitaron a Casa do Gaiato, organización “nai” da Fundação Encontro, e o seu centro de acollida de menores, que con escasos recurso atende na actualidade a 180 nenos. Ambas as dúas entidades apostan pola formación en orixe e desde a base, ofrecendo alternativas para que a xente nova non se vexa obrigada a emigrar.
A comitiva do Fondo Galego percorre esta mañá distintos centros educativos da man da ONGD Adane-Mozambique en Maputo, onde se reuniu asemade co alcalde da cidade, con representantes do Plan das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Aecid) e da Asociación Nacional de Municipios Mozambicanos, socia clave no país africano coa que a secretaria do Fondo Galego, Andrea García, viaxará esta tarde á vila de Nhamayábue. Nestas recepcións institucionais Juan González entregou como agasallos botellas de viño doadas por Adegas Val Miñor.
Persoal técnico desprazarase ata o municipio de Nhamayábue para visitar a construción de pozos cos que evitar mortes polos ataques de crocodilos no río
A secretaria do Fondo, Andrea García, terá ocasión de visitar o proxecto para a construción de pozos na aldea de Mutarara Velha, cuxo primeiro obxectivo é evitar as mortes que se producen polos ataques de hipopótamos e crocodilos cando a poboación se achega á beira do río Zambeze para abastecerse de auga, unha tarefa realizada principalmente polas mulleres.
Un dos países máis empobrecidos
Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 179 entre os 188 contemplados. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, mentres que a esperanza de vida se sitúa nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita cada día por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional.
Tal é o caso dos municipios e organizacións apoiadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que impulsou ata o momento unha decena de proxectos no país africano con arredor duns 300.000 euros de investimento, canalizando así as inquedanzas dun cento de concellos e deputacións de Galicia para contribuír á construción dun mundo máis xusto. As actuais liñas estratéxicas da entidade apostan por acentuar a colaboración cos países lusófonos, especialmente os da África máis empobrecida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136