Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 17 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde convida ao presidente do goberno a visitar Tui

O rexedor apunta, na carta remitida, “a necesidade dun forte compromiso económico e de colaboración por parte do goberno central”.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de convidar ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, a que visite Tui “coa maior brevidade que sexa posible” para coñecer de primeira man a situación que se vive no municipio tras a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos.  Deste xeito, indica o rexedor, o presidente poderá “avaliar a absoluta necesidade que temos dun forte compromiso económico e de colaboración por parte do goberno central”.


No escrito Carlos Vázquez Padín lembra que coma consecuencia da explosión faleceron dúas persoas, houbo unha trintena de feridos, e gran numero de vivendas, propiedades e vehículos resultaron afectados.  Unha catástrofe de tal magnitude, sinala que “máis de 700 persoas se viron prexudicadas gravemente” e que afectou tamén ás infraestruturas como camiños, instalacións de canalizacións de auga potable, saneamento, tendidos eléctricos, telefónicos.


Ante esta situación o alcalde lembra que a corporación municipal, con acordo plenario unánime do 31 de maio, solicitou a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil por considerar que “concorre no territorio afectado pola explosión un estado de necesidade sobrevido a esta comunidade de persoas, inevitable e imprevisible, que alterou afectiva e substancialmente as condicións de vida desta colectividade, producindo danos de considerable gravidade a unha pluralidade de veciños”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.