GALICIA
Feijóo pon en valor o compromiso de Galicia co sistema xudicial reflectido en melloras tecnolóxicas e novas infraestruturas
Lembra que Galicia demostrou o seu compromiso co sistema xudicial incluso nos tempos máis duros da longa recesión económica, cun orzamento que se foi mantendo ou incluso subindo moderadamente ao longo destes anos.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana o compromiso de Galicia co sistema xudicial, que se traduciu en melloras tecnolóxicas e novas infraestruturas.
Durante o acto inaugural das XII Xornadas Xurídicas Román García Varela, Feijóo lembrou que Galicia demostrou o seu compromiso co sistema xudicial incluso nos tempos máis duros da longa recesión económica, cun orzamento que se foi mantendo ou incluso subindo moderadamente ao longo destes anos.
Nesta liña, expuxo tamén a importancia da colaboración entre administracións para consolidar unha Xustiza do século XXI, tanto a nivel de infraestruturas, a través de obras menores nos xulgados ou grandes actuacións, como de avances tecnolóxicos ao servizo dos profesionais e dos cidadáns. “Cando as bisagras da cooperación institucional están ben engraxadas o poder xudicial funciona con máis independencia, máis eficacia e máis eficiencia”, abundou.
No eido das infraestruturas, refírese aos dous novos edificios xudiciais de Santiago e de Ourense; á Cidade da Xustiza da Coruña e ao novo complexo xudicial da Parda en Pontevedra no que se están a investir 17 millóns
En relación ao primeiro punto, o presidente da Xunta referiuse aos dous novos edificios xudiciais de Santiago e de Ourense; á Cidade da Xustiza da Coruña, que se inaugurou o ano pasado na antiga Fábrica de Tabacos; e ao novo complexo xudicial da Parda, en Pontevedra, no que se están a investir 17 millóns, coa previsión de que estea rematado a principios do ano que vén. “E temos en plena execución a Cidade da Xustiza en Vigo, cun investimento de 30 millóns de euros”, aseverou.
No eido tecnolóxico, resaltou a posta en marcha do Plan Senda, cun investimento de 50 millóns de euros para implantar o expediente xudicial electrónico. Ademais doutras melloras como a extensión dos sistemas de videoconferencia e de gravación dixital nas salas de vistas; o visor do expediente xudicial electrónico; ou a introdución da sede xudicial electrónica, na que Galicia foi pioneira a nivel nacional.
O presidente da Xunta concluíu recoñecendo o labor destas xornadas que na súa duodécima edición abordan a responsabilidade civil desde diversos enfoques e contan coa participación do presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136