Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 18 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Canto Conto fixo onte as delicias dos máis pequenos

O festival organizado polas Maimiñas e Reviravolta Producións leva tres anos celebrándose como prato forte da programación infantil das Festas da Rosa.

[Img #42396]

 

A III Edición do Festival Canto Conto que se atopa incluído, como sempre desde o seu nacemento, na programación das Festas da Rosa, celebrouse onte “contando con dous momentos estelares nos que os cativos participante e as súas familias disfrutaron especialmente, que foron a actuación dos Titiriteros de Binéfar (Huesca) e a festa da auga, que fixo as delicias dos presentes nunha xornada na que o bo tempo e a calor foron os protagonistas”, explicaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro.

 

A festa da auga que permitiu refescar a xornada de onte e que os nenos e nenas pasárano en grande foi posible grazas á colaboración de Rodrigo Iglesias, coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, que garantiu a diversión mediante o líquido elemento cos camións motobomba do Concello.

 

O festival infantil celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos. Esta terceira edición contou coas actuacións de Titiriteros de Binéfar ás 12.00 horas, Mamis e Papis ás 16.00 horas, e Maimiñas e Xingro’s Big Band ás 18.30 horas.

 

As sesións de contacontos tiveron lugar ás 13.15 horas a cargo de Xarope Tulú e ás 17.30 horas a cargo de A Garavata Torta. Durante todo o día realizáronse obradoiros de arxila, elaboración de galletas e práctica de infinidade de xogos.

 

[Img #42399]

 

O Festival Canto Conto é un evento dirixido ao público infantil e familiar organizado por Reviravolta Producións. Celébrase no Concello de Mos dende o ano 2016, enmarcado dentro da súa semana grande: a Festa da Rosa, en concreto o terceiro domingo do mes de xuño.

 

Como o seu nome indica, neste festival teñen especial importancia os contos e a música, plasmados en contadas maxistrais e concertos de música en directo que, xunto con obradoiros e xogos, fan a delicias de nenos e maiores durante todo o día.

 

Os contos son uns dos protagonistas do festival. Dende a primeira edición, no ano 2016, foron moitos e bos os contadores os que pasaron polo festival: Servando Barreiro e a súa “Música das árbores” abriu este espazo no primeiro ano.

 

Ademais dos contos e concertos os nenos e nenas participan en diversos obradoiros, onde dan vía libre á súa imaxinación e aprenden cousas tan divertidas como os pasos de baile básicos do hip hop ou a maneira de facer música coas froitas.

 

Outro dos grandes protagonistas do Canto Conto son os concertos. En anteriores edicións estiveron grandes grupos e artistas como A Gramola Gominola, O Viravai, Xulio Lorenzo, As Maimiñas, Mamá Cabra, María FumaÇa, Paco Nogueiras, Uxía Lambona e a Banda Molona…

 

O festival é tamén un bo xeito de achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte, por iso durante o mesmo fanse exposicións de artistas coñecidos, e os propios cativos son tamén autores de grandes obras de arte.

 

Nun evento como o Canto Conto cobran especial importancia a lectura e os libros como elemento de unión entre xeracións. Con espazos adicados a tal fin, non podían faltar os postos de libros para a venda.

 

O Canto Conto é un festival para desfrutar todo o día, e para que non se preste ningún momento para o aburrimento, tanto para nenos como para pais. Conta con postos de artesanía, xogos populares, pintacaras, obradoiro de arxila e mesmo lugares onde poder penicar algunha que outra cousa rica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.