MOS
Mos recoñece o labor xornalístico do alumnado do Colexio de Atín
Lograron dous segundos premios no concurso de Faro da Escola: Mellor Xestión de Negocio e Mellor Uso Audiovisual e de Novas Tecnoloxías.
![[Img #42425]](upload/img/periodico/img_42425.jpg)
Os 21 alumnos de 5º do Colexio de Atín-Cela foron recibidos xunto co seu profesor, Óscar Rodríguez, pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Educación, Camilo Augusto, e a edil de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, no Salón de Sesións do Concello de Mos en recoñecemento por ter gañado o seu centro educativo dous segundos premios no concurso de Faro da Escola: Mellor Xestión de Negocio e Mellor Uso Audiovisual e de Novas Tecnoloxías.
No proxecto de Faro da Escola, no que o CEIP de Atín participou elaborando un diario xornalístico conxuntamente entre o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria, os 21 rapaces de 5º que esta mañá estiveron na Casa Consistorial contribuíron redactando unha entrevista á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen o pasado 6 de abril desprazábase ata a súa aula para ser entrevistada. O proxecto do xornal foi levado a cabo en colaboración entre os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria e nel participou todo o alumnado do colexio.
Aquel día a rexedora local mosense compartiu anécdotas e vivencias co grupo dirixido polo mestre Óscar Rodíguez Rojo, que participou no proxecto Faro da Escola do diario Faro de Vigo.
Para convidala a este encontro varios rapaces e rapazas da aula enviáronlle a Arévalo entrañables e emotivas cartas nas que lle dicían: “Queremos saber moitas cousas sobre ti. O alumnado de 5º cren que vostede pode responderlle ás preguntas ou contarnos cousas interesantes sobre o concello de Mos. Sería algo inolvidable que vostede viñera ao centro (Nerea)”, “Gustaríame convidarlle á nosa escola para facerlle unha entrevista, xa que estamos facendo un proxecto: Faro da Escola. E tamén para o noso blogue de clase. A verdade é que sería unha honra. Moitas grazas por todo o que fixo no concello e nas nosas vidas. Querémoslle moito (Inés)”.
Entre outras cuestións, a alcaldesa respostou a preguntas como cal é a súa canción favorita, que tipo de música lle gusta, mellor virtude, peor defecto, lembranzas da infancia, que proxecto lle gustaría facer no concello que aínda non se puido realizar, que profesor a marcou máis e por que, que asignatura lle gustaba máis de pequena, se cree que os veciños están contentos co seu labor, etc…
Nidia Arévalo amosouse emocionada con esta interesante charla cos nenos e nenas do colexio de Atín, contestando amplamente e amosándose orgullosa do interese e a capacidade de traballo e aprendizaxe dos cativos mosenses. Así mesmo expresoulle a súa gratitude aos nenos e nenas da aula e ao seu profesor “pola invitación, pola boa acollida e polo rato tan agradable que me fixeron pasar”.
Faro da Escola é un proxecto editorial de Faro de Vigo que pretende achegar a prensa e os xornais aos centros educativos. A 1ª edición arrincou no ano 2016. A importancia da información e a maneira de facer xornalismo en diferentes soportes, son os eixos vertebradores deste proxecto educativo. Faro de Vigo trata desta forma de fortalecer o vínculo entre prensa de proximidade e educación, e para iso propón aos centros educativos a realización dun xornal. Esta III edición dirixiuse de novo aos alumnos de Educación Primaria dos colexios. O desenvolvemento do proxecto foi entre os meses de outubro de 2017 e maio de 2018 sendo o 4 de maio a data límite para a entrega dos traballos, e o xoves 24 de maio foi a entrega de premios. Cada colexio participante podía realizar o número de xornais que desexase, ata un máximo de seis periódicos por colexio, aínda que a impresión fíxose dun deles, ben unha mestura dos realizados ou ben o que cada colexio decidira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184