Viernes, 02 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 20 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Última semana para inscribirse no Campus de Surf do Concello de Nigrán e Prado Surf

O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, organiza dende finais de xuño a mediados de agosto seis campus deportivos orientados a nenos e adolescentes. O prazo de inscrición para  participar no primeiro deles, o campus de Prado Surf (do 25 ao 29 de xuño) remata esta semana, tendo un custe de 60 € (os interesados deben anotarse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán, de 9:00 a 14:00 horas).

 

Todos teñen un custo de 60 euros (agás o do Club Baloncesto Nigrán, de 45 €) e unha duración de catro días, existindo nalgúns a posibilidade de empregar servizo de coidador para ampliar horario e permitir mellor conciliación familiar. As inscricións comezan 15 días antes do inicio de cada campus.

 

Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan o día 26 de xuño con Surf a cargo de Prado Surf e a continuación, do 2 ao 6 de xullo, será o do Club de Tenis Nigrán (que se repite do 16 ao 20 de xullo). Os restantes van sucedéndose ao longo de todo o verán sen solaparse: baloncesto (Club Baloncesto Nigrán, do 9 ao 13 de xullo), futbol sala (Panxón Nigrán F.S., do 23 ao 27 de xullo) , multideporte e animación (do 30 de xullo ao 3 de agosto), e finalmente fútbol (E.D.Val Miñor, do 6 ao 10 de agosto). O Concello aportará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.