TURISMO
A ocupación nos establecementos hoteleiros de Galicia acada en maio o seu mellor dato
Os 380.000 turistas que visitaron a Comunidade o pasado mes permaneceron máis tempo de viaxe, propiciando así que a estadía media medrara preto dun 4,5%
![[Img #42566]](upload/img/periodico/img_42566.jpg)
O turismo en Galicia mantivo durante o pasado mes de maio o seu crecemento sostido ao alcanzar o mellor dato de ocupación hoteleira desde que existen rexistros, superando así as marcas dos últimos xacobeos.
En concreto, segundo os datos difundidos hoxe polo INE, a ocupación no quinto mes do ano subiu case dous puntos, contribuíndo a afondar na consecución dun destino cada vez máis competitivo en todas as épocas do ano. Este récord prodúcese nun contexto de estabilidade na demanda turística, cunha lixeira variación do 0,5% respecto ao mesmo período de 2017.
Así, a Comunidade galega recibiu en maio 380.000 viaxeiros que realizaron 680.000 noites, unha cifra superior á rexistrada no período comprendido entre os anos 2011 e 2016.
A través da Estratexia do turismo 2020, a Xunta está a impulsar un destino cada vez más competitivo, que aposta pola calidade e pon en valor os seus recursos
Ademais da ocupación, os visitantes aloxados nos establecementos hoteleiros de Galicia permaneceron máis tempo na Comunidade, pois a estadía media medrou preto dun 4,5%.
Mellora das tarifas e da rendibilidade
A evolución positiva obsérvase tamén noutras variables como as tarifas, que se elevan un 1%, e a rendibilidade hoteleira. Esta última mídese a través do RevPAR, o ingreso medio por habitación dispoñible, que aumentou ata un 4,7% no quinto mes do ano na Comunidade.
Galicia afonda así nos obxectivos fixados a comezos de 2018. Despois dun ano 2017 récord, no que por primeira vez se superaron os 5 millóns de viaxeiros, o sector busca seguir consolidando o seu crecemento de calidade, feito que avalan os datos de maio difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). A través da Estratexia do turismo de Galicia 2020, a Xunta traballa por promover un turismo tranquilo e sustentable, que aposta pola excelencia como sinal de identidade e que sabe poñer en valor os seus recursos propios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184