PROVINCIA
A Deputación aproba as bases de subvencións para destinar 130.000 € a actuacións e actividades turísticas
As axudas poderán ser solicitadas por aquelas entidades cuxo obxectivo sexa colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector na provincia
![[Img #42576]](upload/img/periodico/img_42576.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, para destinar un total de 130.000 euros a actuacións e actividades de carácter turístico durante o ano 2018 na provincia de Pontevedra.
Esta liña de axudas, concedidas pola institución provincial durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, van poder ser solicitadas por aquelas entidades que teñan como obxectivo colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector na provincia.
Neste senso, a presidenta da institución provincial Carmela Silva destacou que “para nós é primordial acadar e manter un sector turístico competitivo, de calidade e accesible; e tamén implantar medidas de promoción e fomento mediante a posta en valor dos recursos singulares de Galicia como medio para desestacionalizar a demanda”.
Carmela Silva destacou a importancia de acadar e manter un sector turístico competitivo, de calidade e accesible
Máis polo miúdo, serán obxecto destas subvencións as actividades que teñan como fin a promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable; e as que promovan os principais recursos turísticos da provincia como son a natureza, o medio ambiente e a paisaxe, as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.
As solicitudes poderán realizarse a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra e o prazo das presentacións será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217