Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 26 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Tourón insiste na situación da educación en Salceda

As concelleiras socialistas sacan adiante a súa proposta para solicitar á Xunta un Plan a Medio Prazo

[Img #42583]

 

Os socialistas de Salceda puxeron o foco de novo na deficiente situación da educación en Salceda, presentando unha iniciativa no pleno local para instar á Xunta de Galicia a realizar un estudo completo das necesidades, deseñar e executar un Plan a Medio Prazo para a organización escolar de Salceda de Caselas que solucione de xeito integral a problemática existente.


Tourón leva tempo denunciando "a situación na que se atopan os centros escolares do municipio, que van recibindo parches por parte da Xunta de Galicia sen poñerlle unha solución" que na súa opinión “merecemos os veciños e veciñas de Salceda”. Denuncian unha ampliación insuficiente, falta de prazas no comedor escolar, falta de ensino postobrigatorio ou de transporte ós concellos limítrofes para as rapazas e rapaces que rematan a ESO”
Para Gela Ledo, “é surrealista que o grupo de goberno local e o PP defendan esta situación, co único discurso de que antes non tíñamos nada e a lo menos hai unha a ampliación. Conformarse e congratularse por esta situación non é serio”.


A voceira socialista defendeu tamén no último pleno celebrado , a labor dos mestres e mestras, das direccións dos centros educativos da vila e das ANPAS, insistindo en que en ningún caso o problema provén de ningún destes colectivos e a reclamación é ante unha Xunta de Galicia que nos trata ós nosos fillos como cidadáns de segunda, poñendo parches a unha situación que se está a facer insostible”.


Reclaman polo tanto, unha solución integral, en todos os aspectos, e poñen como exemplo o comedor: “os nenos e nenas de Salceda teñen que acceder ó comedor en igualdade de condicións, e ten que existir este servizo para todos e todas, non se poden discriminar de ningún xeito e non podemos conformarnos con que a Xunta nos prometa uns contenedores que non sabemos en que condicións nin ata cando van a estar para dar este servizo”
Fronte a resposta recibida polo Secretario Xeral de Educación da Xunta de Galicia na comisión de educación celebrada o pasado 7 de xuño, as concelleiras afirman “que está claro que non coñece a situación real de Salceda, fala de que se están usando 23 unidades, cando na actualidade xa son 26 e aseguran que esta ampliación é suficiente cando non recuperamos nin tan sequera as aulas das que se tiveron que ir prescindindo, ó igual que aseguran que o comedor non ten falta de prazas cando polo momento quedan 18 familias foran ata que traian os “contenedores”.


"Para o noso grupo, non defender este tema e atoparse coa abstención do grupo de goberno ante esta reclamación á Xunta demostra unha vez máis cales son as prioridades do alcalde e o seu grupo e anuncia que seguiremos pelexando para que o PP na Xunta de Galicia, trate a Salceda e ós seus veciños e veciñas como se merece”.


Aproveitan as concelleiras este comunicado para “mostrar todo o noso apoio ás traballadoras e traballadores do concello que onte se uniron para manifestar no pleno a falta de negociación á que os somete o Sr. Alcalde, demandando un convenio colectivo, reivindicación que nos parece necesaria e totalmente xusta”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.