NIGRÁN
Os mellores riders protagonizan este venres e sábado en Panxón o segundo campionato de scooter
A competición, coas inscricións aínda abertas, reúnirá a máis de medio cento de participantes, entre eles algúns dos dez primeiros clasificados no recente campionato do mundo en Barcelona
![[Img #42611]](upload/img/periodico/img_42611.jpg)
O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza este venres 29 e sábado 30 de xuño no complexo deportivo de Gaifar (Panxón) a segunda edición do campionato de scooter 'Porto Scoot', unos dos poucos eventos de patinete freestyle en Galicia e que reunirá aos mellores rides a nivel nacional. Así, entre estes participantes destacan o subcampión do mundo junior e campión Fisher Alex Pérez, de só 10 anos; Alex Gonga, cuarto do mundo; e entre os galegos, Toni Castillo (gañador do ano pasado en Porto Scoot), Adrián Cabanelas (segundo) ou o nigranés Iago Senra, reputado rider a nivel nacional.
"Son un auténtico espectáculo, moitos deles son nenos que non superan os 11 anos e resulta impresionante o que acadan", sinala dende a organización Adolfo Senra, quen anima á veciñanza a asistir a este evento que nesta edición se traslada dende Porto do Molle a Panxón debido precisamente ás obras nas marxes do río Muíños que, precisamente, contemplan a construción no espazo deportivo dun park de scooter. "Hai unha gran afección entre os rapaces de Nigrán a este deporte urbano, por iso dende o Concello apostamos forte por Porto Scoot e estamos a habilitar unhas pistas permanentes", sinala o alcalde, Juan González, quen agarda que a competición "se consolide chegando a ser unha referencia en Galicia e a nivel nacional".
Finalizará o domingo cunha jam de hip-hop liderada polo noruego Marcio 'Ratinho' Salvador, chegado directamente dunha batalla en Bratislava
O campiontato contará con categoría master e pro (os máis experimentados) e arrancará o venres ao mediodía coas inscricións e adestramentos para reanudarse o sábado cos entrenos oficiais e roldas clasificatorias. Ata o propio venres os riders poden inscribirse na web www.portoscoot.es ou alí ese día a primeira hora. O park será montado polo Concello no complexo deportivo Dunas de Gaifar e contará con minirampa, funbox, varios quarters e zona street, todo elo para garantir o máximo espectáculo. Agárdase que a entrega de trofeos para os tres primeiros de cada categoría se realice o sábado ás 21.30 horas.
Porto Scoot finalizará cunha jam de hip-hop aberta a todo o público encabezada polo noruego Marcio 'Ratinho' Salvador, que ven directamente da súa derradeira batalla en Bratislava.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217