VIGO
A Xunta destina preto de 440.000 euros a igualdade nos concellos da área de Vigo
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou en Vigo da resolución das axudas para programas de fomento da conciliación, prevención da violencia de xénero e apoio aos CIM
![[Img #42618]](upload/img/periodico/img_42618.jpg)
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, destinará preto de 390.000 euros aos concellos da área territorial de Vigo para fomentar a promoción da igualdade.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou esta semana en rolda de prensa da resolución das axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade 2018, que este ano, en toda Galicia, achegan máis de 3,7 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.
Coma explicou a secretaria, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, este tipo de axudas distribúense en tres liñas de actuación: apoio aos Centros de Información á Muller (CIM), fomento da conciliación prevención e tratamento integral da violencia de xénero. A través destas liñas, financiaranse actuacións en 10 concellos da área territorial de Vigo.
A liña de axudas para programas de fomento da conciliación engloba as medidas que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras; como por exemplo os bancos de tempo. En concreto, son beneficiarios Vigo e Redondela con unha achega de 12.000 euros cada un. Ao respecto, a secretaria xeral adiantou que esta liña se vai incrementar dada a elevada demanda rexistrada este ano por parte dos concellos. Así, está previsto incrementar o seu orzamento en case 255.000 euros para chegar a 31 concellos máis
A segunda liña, a destinada á prevención e tratamento integral da violencia de xénero, inclúe accións de intervención de carácter integral coas mulleres que sofren este tipo de violencia, os seus fillos e fillas e coas persoas dependentes das vítimas; así como actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual e a prostitución. Neste caso son 4 os concellos que reciben subvención chegando aos 25.271,4. Vigo, Redondela, Baiona e Cangas son os destinatarios.
Por último, o programa de apoio aos Centros de Información da Muller ten coma obxectivo reforzar a funcionalidade destes centros e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles. Este programa recibe a maior contía para apoiar a labor de 10 CIMs da área que, en total, recibirán case 388.410,57 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217