VIGO
A Xunta presenta ao reitor da Universidade de Vigo o proxecto de rehabilitación do edificio de Benito Corbal
Alfonso Rueda e Román Rodríguez, presentáronlle onte ao novo reitor, Manuel Reigosa, o proxecto de reforma do edificio,no que a Universidade ten a disposición catro plantas no centro da cidade de Pontevedra
![[Img #42639]](upload/img/periodico/img_42639.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentáronlle onte ao novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o proxecto de reforma do edificio de Benito Corbal, no que a Universidade ten a disposición catro plantas, e que se prevé que estea rematada no primeiro trimestre do 2019.
Na presentación a que tamén asisitiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o novo equipo reitor da Universidade de Vigo coñeceu de primeira man o proxecto de rehabilitación da obra da antiga sede da Xunta en Pontevedra, que xa está en marcha, e no que a Universidade dispón de catro plantas que contan cun total de 1.200 metros cadrados para desenvolver o Campus Crea.
O edificio primará a eficiencia enerxética facendo un inmoble cunha cualificación enerxética A, tanto con respecto ao consumo de enerxía primaria non renovable como en emisións de CO2
Ademais das catro plantas do Campus Crea da Universidade, os edificio conta con espazo onde se albergarán locais para colectivos e asociacións, as oficinas de emprego da cidade de Pontevedra, o que permitirá un importante aforro en alugueiros de locais. Co obxectivo é contar no centro da cidade cun espazo moderno, cómodo, accesible e versátil para todos os usuarios.
O edificio primará a eficiencia enerxética facendo un inmoble cunha cualificación enerxética A, tanto con respecto ao consumo de enerxía primaria non renovable como en emisións de CO2, xa que a rehabilitación ten como obxectivo poder dispoñer dun edificio enerxeticamente eficiente polo que se aplicarán métodos e tecnoloxías enerxéticas como caldeiras de biomasa para a calefacción, bombas de calor de tecnoloxía VRV para calefacción e refrixeración, instalación solar fotovoltaica para xeración de electricidade, así como elevados niveis de illamento térmico e sistemas de iluminación eficientes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217