Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 27 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Iván Méndez chega cos seus pratos ao Pazo de Mos na próxima parada de ‘Un chef no rural’

Posta en marcha ao abeiro da Escola Eu Rural, trátase dunha demostración gastronómica para poñer en valor os produtos da terra. Entrada de balde ata completar aforo

Poñer en valor os produtos da terra dun xeito dinámico e atractivo. Ese é o obxectivo do proxecto ‘Un chef no rural’, unha nova iniciativa de difusión da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020, que chega este mércores 27 de xuño a Mos.


[Img #42625]O Pazo de Mos acollerá a partir das 20.00 horas unha demostración culinaria a cargo do recoñecido chef galego Iván Méndez no que tradición e innovación mesturaranse para elaborar menús e pratos adaptados ás peculiaridades do concello baionés. É unha iniciativa que busca dar a coñecer os produtos da contorna e sacarlle rendemento aos alimentos locais.


Entrada de balde
O público poderá asistir a esta demostración gastronómica e a todas as que se realicen ao longo do mes de balde, con entrada libre ata completar aforo. A Praza de San Fernando de Tui será o vindeiro e último escenario de ‘Un chef no rural’, a onde chegará o vindeiro venres 29 de xuño ás 20.00 horas.


Este proxecto nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas e informativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.


Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola información e formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.