Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 29 de Junio de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda de Caselas "baixo a tutela de Facenda"

O PSOE en Salceda lamenta "a mala xestión económica" do grupo de goberno e aseguran que "aboca ó Concello a presentar un plan económico financieiro baixo a tutela de Facenda"

[Img #42643]

 

A liquidación do orzamento correspondente ó exercicio 2017 do concello de Salceda de Caselas constata que a administración local incumpre o obxectivo da Regra de Gasto, así como o incumprimento do obxectivo de Estabilidade Orzamentaria.


Con estes datos "debido a mala xestión económica, o concello de Salceda mírase abocado a formular un plan económico financeiro bianual antes do 1 de xullo, que permita que no ano en curso e no 2019  se de cumprimento ós obxectivos da regra de gasto e que deberá ser aprobado no prazo de dous meses. Ademais a lei marca que se debe proceder á retención de crédito, o que suporá a non dispoñibilidade de crédito para o normal funcionamento da administración local. Este plan económico financeiro debe conter medidas concretas baixo a tutela de Facenda" explican dende o PSOE.


Ademais, de non adoptarse as medidas previstas na lei, o Ministerio de Facenda poderá adoptar medidas coercitivas e incluso intervir as arcas municipais.


O grupo municipal socialista insiste “na falta de control do gasto polo goberno local que leva ó concello a esta situación, e a constante entrada de facturas con gastos innecesarios como é o caso do incremento na partida de publicidade e propaganda”.


Verónica Tourón incide no que veñen reiterando dende o 2016 “esta é a consecuencia da deriva económica á que o goberno está levando ó concello coa falta de xestión, non se pode gobernar sen orzamentos, gastando o que non se ten e a base de recoñecementos extraxudiciais de crédito que abocan ós provedores a traballar sen ningunha seguridade xurídica e a cobrar a través dos xulgados”.


"Xa no 2016, os socialistas presentamos un Plan en materia económica para que o goberno local adquirise uns compromisos en materia de transparencia e boas prácticas na xestión económica. Medidas  que solicitábamos se implantaran pouco a pouco, que o goberno local non adoptou e que evitarían que en exercicios posteriores nos topásemos con estes resultados que coarta o normal funcionamento do concello, como está acontecendo agora”.

 
"Trátase de xestionar con seriedade, rigor e responsabilidade". Por isto, o grupo socialista advirte que non vai a "ser cómplice desta xestión irregular do concello, é responsabilidade única do equipo de goberno co alcalde á cabeza, e volve unha vez máis a convidar á corporación a reflexionar sobre a necesidade de adquirir compromisos sobre boas prácticas e transparencia na xestión económica, e sacar ó concello desta situación".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.