MOS
40 rapaces mosenses gozaron das Xornadas Multiaventura 2018
Teñen idades de 10 a 17 anos e hoxe recibiron a visita da alcaldesa, Nidia Arévalo, e da concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro
![[Img #42734]](upload/img/periodico/img_42734.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, visitaron onte na praia de Patos aos 40 mozos e mozas mosenses que participaron nas “Xornadas Multiaventura 2018”.
Estes rapaces, con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos de idade, están distribuídos en dous grupos, un de iniciación formado por 22 integrantes, e outro de perfeccionamento con 18 membros.
As “Xornadas Multiaventura” comezaron o pasado luns 25 de xuño e prologáronse durante os días, 26, 27, e hoxe 29 de xuño, -xornada de clausura- en horario de 09:30 a 14:00 horas. O xoves 28 de xuño as actividades prolongáronse durante toda a xornada e pernoctouse no cámping de praia América.
Durante as xornadas impartíronse clases de Surf, Paddle Surf, Surf con Skate, Sendeirismo, preservación do medio marino e Kayak, entre outras iniciativas de animación e deportivas.
As “Xornadas Multiaventura” son unha iniciativa municipal de gran éxito, aceptación e acollida entre nenos/as e mozos/as do Concello de Mos. Foi creada no ano 2009 polo goberno local de Nidia Arévalo e dende entón leva casi unha década organizádose ininterrumpidamente cada verán.
Sobre este programa as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, declararon hoxe que “trátase dunha iniciativa pioneira que dende o seu nacemento ven promovendo entre a infancia e a mocidade mosenses valores tan importantes como o compañeirismo, a convivencia, os hábitos saudables, a práctica deportiva en equipo...”. Rexedora local e edil de Participación destacaron “o éxito de participación que cada ano acada este programa, polo que lles agradecemos o apoio tanto aos participantes deste ano e ás súas familias, coma aos centos de participantes que levan pasado por esta actividade ao longo dos nove anos que leva en marcha”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126