GALICIA
Os ‘Trens Turísticos de Galicia’ estrean as viaxes teatralizadas a bordo da Ruta dos Viños do Ribeiro - Rías Baixas
Este é, xunto coas rutas do Viño de Monterrei e a de Lugo Romano, un dos tres itinerarios que inclúen por primeira vez personaxes históricos que aparecen durante o traxecto para descubrir a historia dos lugares que atravesan
![[Img #42766]](upload/img/periodico/img_42766.jpg)
A Ruta dos Viños do Ribeiro - Rías Baixas inauguraba esta fin de semana as visitas teatralizadas que se inclúen como novidade na sexta edición do programa Trens Turísticos de Galicia, impulsado por Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Este é, xunto coas rutas do Viño de Monterrei e a de Lugo Romano, un dos tres itinerarios que inclúen por primeira vez a participación de personaxes históricos que aparecerán en distintos momentos durante o percorrido para descubrir a historia dos lugares que atravesan.
A ruta dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas permiten coñecer de xeito combinado dous territorios con denominación de orixe, incluíndo a degustación de viños destas terras. O seu percorrido comprende, entre outros, unha vista a Ribadavia e o seu castelo, así como ao Mosteiro de San Clodio, en Leiro. O itinerario tamén inclúe o castro de San Cibrao de Las e a estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo, convertida en museo.
Xunto a esta ruta, os Trens Turísticos de Galicia introducen outras novidades como a nova Ruta dos Mosteiros, coa que se poden visitar o Pazo de Oca e o Mosteiro de Carboeiro, ademais do Mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, ou o templo da Veracruz do Carballiño. Rematarase a xornada no balneario de Caldas de Partovia. A edición deste ano tamén inclúe por primeira vez a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Miño.
Esta proposta, deseñada por Turismo de Galicia, Renfe e o Inorde, ten programadas ata outubro 56 saídas en 12 itinerarios diferentes e con novidades como percorridos polos mosteiros galegos e a Ruta da Ribeira Sacra polo Miño
A elas súmanse a Ruta dos Faros, a Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra polo Sil, a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras, a Ruta do viño das Rías Baixas, a Ruta da Lamprea e a Ruta Ourense termal e Versalles. Son, en total, 12 rutas temáticas diferentes para as que están programadas 56 saídas ata o vindeiro mes de outubro.
Turismo de calidade e sustentable
Os Trens Turísticos de Galicia 2018 son unha proposta de turismo de calidade, tranquilo e sustentable que encaixa co modelo turístico galego plasmado na Estratexia do turismo de 2020. Inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 40 euros para adultos e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes pódense adquirir na web de Renfe. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia ou no teléfono 912 555 912 da Central de Reservas de Trens Turísticos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44