Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

A multinacional alemá Benteler creará 250 postos de traballo en Mos

[Img #42895]

 

O polígono da  Veigadaña, en Mos, é o lugar escollido pola multinacional Alemá Benteler para construír a súa nova planta  na que ten previsto realizar un investimento de 30 millóns de euros.

 

A industria do automóbil chega así, pisando forte, ao municipio do Val da  Louriña que se beneficiará da creación de aproximadamente 250 novos postos de traballo. A multinacional abre, desta forma, as súas portas a mozas e parados que buscan traballo no sector do automóbil.

 

Finalmente Benteler investirá nesta nova planta situada na área de Vigo debido á súa proximidade co seu centro de  Valadares , deixando fose outros emprazamentos como Portugal, que foi descartado.

 

[Img #42897]

A parcela ocupa 25.000 metros cadrados, dos que se edificarán uns 17.000, quedando os 8.000 restantes  reservados  para futuros usos. Contará con varias liñas de soldadura para prover a PSA Vigo e as previsións son que comece a funcionar a principios do ano 2019.

 

[Img #42896]BENTELER  Automotive ofrece desenvolvemento, produción e servizo en todo o mundo tendo sempre como obxectivos primordiais a calidade, a seguridade e a eficiencia. Os seus produtos inclúen compoñentes e módulos para o tren de rodaxe, a carrocería, o motor e os sistemas de escape. Entre os seus clientes atópanse case todos os principais fabricantes de vehículos.

 


Un Parque en crecemento

Na actualidade son varias as firmas interesadas en ocupar un espazo neste novo Parque Empresarial de Mos, así outra empresa do sector automoción constrúe en dúas parcelas de 4.156 e 3.917 metros cadrados. Tamén unha empresa frigorífica ultima as obras nunha parcela de 2.000 metros cadrados e outra de vending constrúe noutra parcela de 1200 metros cadrados. Entre todas suman xa unha trintena de empresas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.