Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 30 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preinscripcións na Escola de Cantería ata o vindeiro 14 de setembro

É preciso posuír o título de graduado escolar ou equivalente para acceder a estes estudos, con 25 prazas dispoñibles e de tres anos de duración

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra manterá aberto o prazo de preinscrición para acceder aos estudos de canteiro ou canteira, ata o 14 de setembro. As persoas interesadas só teñen que cubrir un formulario dispoñible na páxina web da Escola, e posteriormente, do 17 ao 26 de setembro, terían que formalizar a matrícula achegando toda a documentación necesaria.

 

Para acceder aos estudos de cantería é necesario posuír un título de graduado escolar ou equivalente. Son tres anos de formación teórica pero sobre todo práctica e hai 25 prazas dispoñibles para cada curso.  Os ámbitos profesionais futuros ao rematar os estudos céntranse sobre todo na construción, na escultura, na restauración e na rehabilitación.

 

Ademais de manter aberto o prazo para estes estudos de cantería, dende a Escola tamén está activo o prazo para anotarse nos estudos de mestre ou mestra canteiro ou canteira. Son dous anos de formación e para acceder é preciso posuír o título de canteiro ou canteira. Ademais, tamén está dispoñible o prazo para preinscribirse nos estudos de formación específica da Escola para aquelas persoas profesionais ou artesáns que queiran aprender ou mellorar a técnica.

 

Os estudos que realizan as alumnas e alumnos na Escola de Cantería son eminentemente prácticos e supoñen a realización de múltiples obras. Moitas delas, como cruceiros, monolitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas están a ser situadas en lugares de toda Galicia, de toda España e tamén do estranxeiro, como en Brasil, México, Arxentina, Panamá ou Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas están traballando en sitios emblemáticos, coma na restauración do Capitolio de Washington e do barrio de Chiado de Lisboa, así como actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago, de Westminster en Londres e de construción da Sagrada Familia de Barcelona.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.