Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21
Martes, 10 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
Despois da reforma e rehabilitación do edificio para a Biblioteca Municipal de Baiona

Feijóo destaca "será un paso importante para a vila e para a rede de bibliotecas públicas de Galicia"

Sinala que "a cooperación é imprescindible para que as bibliotecas traballen en rede como os modernos sistemas de información"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou  que a reforma e rehabilitación do edifico para a biblioteca municipal e o arquivo histórico de Baiona será un paso importante para a vila e para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

O titular do Executivo galego salientou que o antigo hospital Sancti Spiritus cumpriu no seu momento unha función asistencial básica para a sociedade e agora “cumprirá outra igual de relevante: a de achegar coñecemento a todos os veciños de Baiona”.

 

O presidente do Goberno galego definiu ás bibliotecas como depositarias da memoria colectiva, axentes da democratización cultural e aceleradoras de innovación. Ademais, destacou que a cooperación é imprescindible para que as bibliotecas traballen en rede como os modernos sistemas de información, e para conseguilo está a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que comparten carné único. Ademais, aludiu a que esa cooperación inspira tamén ás institucións que colaboran nesta actuación: o Ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello e lembrou que o Goberno galego contribúen con 155.000 euros a esta obra.

 

Na mesma liña, destacou que a contribución da Xunta non remata aí xa que a Biblioteca Municipal de Baiona, que conta con 27.005 exemplares, está integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, polo que comparte co resto de bibliotecas integradas rexistro bibliográfico. O presidente da Xunta destacou que entre os servizos que a Xunta presta á Biblioteca de Baiona están a plataforma de préstamos de obras dixitais GaliciaLe ou a Biblioteca Dixital en Rede con recursos como o Banco de contidos de Aula Planeta ou E-Junior (unha enciclopedia electrónica para rapaces de primaria e secundaria).

 

 

 

 

Salienta que nesta obra cooperan o Ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello e lembra que o Goberno galego contribúe con 155.000 euros

 

 

 

 

Durante a súa intervención Feijóo tamén lembrou que Galicia segue a mellorar as súas bibliotecas afrontando os grandes retos do futuro: como o apoio técnico e a formación dos profesionais, cunha liña de subvencións a concellos de Galicia para o equipamento e mellora das bibliotecas (dotada con 50.000 euros) que se complementa coa realización de convenios cos municipios, como no caso do Concello de Baiona. Tamén as subvencións para a mellora das coleccións, cunha liña de axudas para os concellos destinada a mellorar a colección das bibliotecas públicas dotada con 350.000 euros e outra para a adquisición de novidades editoriais en galego dotada con 200.000 euros.

 

Entre eses retos tamén salientou a posta en marcha de programas de dinamización da lectura como o Ler conta moito, que ofrece subvencións aos concellos galegos para programar actividades que animen a ler. E, finalmente, a aposta pola adaptación aos cambios tecnolóxicos e salientou que, en colaboración coa Amtega, estase a levar a cabo a implantación dun novo programa de xestión bibliotecaria.

 

O presidente da Xunta concluíu lembrando que a biblioteca de Baiona será un piar cada máis forte dunha Rede que avanza e destacou que, segundo os últimos estudos, aumenta o número de usuarios nunha porcentaxe en torno ao 7% anual, increméntanse as visitas ás webs e a presenza en redes sociais, aumenta a colección e estanse modernizando os equipamentos bibliotecarios.

 

Ademais, Feijóo reivindicou a aposta polas bibliotecas como un acto de xustiza e engadiu que a Galicia de hoxe traballa por conservar a memoria como “o legado máis valioso para os que están por vir”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.