MUNDO EMPRESA
O prazo para solicitar as axudas de unidades formativas nas empresas remata o próximo 6 de agosto
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a segunda convocatoria destes apoios para este ano cos que se estima a cualificación de 2400 traballadores e desempregados nas empresas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a segunda convocatoria das axudas para as unidades formativas nas empresas para a que a Xunta destina 4 millóns de euros para formar a 2400 traballadores e persoas sen emprego en 245 unidades formativas. O obxectivo desta medida é dar resposta aos novos perfís profesionais que están xurdindo do novo modelo económico baseado nas novas tecnoloxías. Deste xeito, a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia o 100% da formación á carta que impartirán as propias compañías.
Grazas á primeira edición desta iniciativa, que se vén de resolver, poranse en marcha cunha axuda de 5,4 millóns de euros un total de 332 unidades formativas en 83 empresas galegas para cualificar á carta a 3200 traballadores e persoas desempregadas.
O prazo para presentar as solicitudes para a segunda convocatoria destes apoios xa está aberto e rematará o próximo 6 de agosto.
Invístense 4 millóns de euros para poñer en marcha 245 novas unidades: 60 cursos para desempregados e 185 para traballadores
Nas Unidades Formativas na Empresa para desempregados investiranse 1,8 millóns para formar a 900 parados a través de 60 unidades. Doutra banda, para cualificar a 1500 ocupados destinaranse 2,25 millóns de euros para poñer en marcha 185 cursos.
As bases da segunda convocatoria das dúas iniciativas son similares ás da primeira. No caso do programa para desempregados, a actuación inclúe por parte do tecido empresarial un compromiso de contratación de polo menos o 40% dos alumnos e alumnas que participen na medida, polo que nesta segunda edición un mínimo de 360 persoas recibirán un contrato laboral.
A Xunta, ademais, apoiará ás compañías nas contratacións cando superen o compromiso fixado do 40%. Os contratos indefinidos financiaranse con axudas de entre 7000 e 16.000 euros. As contías máximas outórganse para os colectivos con especiais dificultades para atopar un emprego como son os parados de longa duración, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, mulleres, maiores de 45 anos e emigrantes retornados. Tamén se bonifica con máis apoio nas contratacións cando a empresa está emprazada no rural galego.
Na iniciativa para persoas sen emprego, as compañías ten que contratar a un 40% como mínimo dos participantes e no caso que superen esta porcentaxe poderán recibir axudas da Administración de entre 7000 e 16000 euros
O principal requisito das Unidades Formativas na Empresa para ocupados é que as empresas pertenzan a algún dos sectores considerados estratéxicos na Axenda Industria 4.0. As áreas máis destacadas son silvicultura, transformación da madeira, fabricación de compoñentes electrónicos e ordenadores, automoción, naval, aeronáutica, fabricación de mobles, edición de programas informáticos e telecomunicacións e actividades relacionadas coa informática.
O Goberno galego, en global, a través das dúas convocatorias deste programa, apoiará cun orzamento de 9,5 millóns de euros a formación de 5600 persoas a través de 577 cursos.
Trátase do programa de formación á carta que se imparte en empresas más ambicioso de todo o Estado e que se enmarca na Axenda 20, a folla de ruta coa que a Xunta está impulsando o emprego estable e de calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168