Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 13 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 1.000 persoas participan durante a próxima fin “En Ruta coa Depo”

Veciñas e veciños de 9 concellos da provincia de Pontevedra realizan visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico

[Img #43062]

 

O programa “En Ruta coa Depo” organiza a próxima fin de semana 14 novas excursións nas que participan 1.006 veciñas e veciños de 9 concellos da provincia. Estas excursións permitirán ás persoas asistentes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

 

Máis polo miúdo, 324 persoas da Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa de San Mamede de Zamáns, do Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares, da Asociación Portas pola Igualdade e da Asociación Cultural Mulleres do Mar de Cambados visitarán a illa de San Simón, o Museo Meirande, Redondela, o castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio.

 

Pola outra banda, 108 persoas pertencentes ao Centro Sociocultural e Deportivo As Pedriñas e a Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra poderán coñecer a illa da Toxa, desfrutarán dun paseo en barco pola ría de Arousa (con degustación) e tamén visitarán O Grove, o Museo de Salga e darán un paseo pola zona e o xacemento da Lanzada.

 

Tamén, 108 persoas da Asociación de Veciños Chan do Bosque  e da Asociación de Veciños La Comunidad de Pias farán a ruta pola illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo.  

 

Ademais, 162 persoas do Club de Xubilados de Santa Eulalia de Meira e da Asociación Avelaíña de Axuda a Persoas con Problemas coñecerán o parque do Río Barosa, en Barro, e tamén visitarán a antiga azucreira, o miradoiro do val do Umia, a exposición sobre Domingo Fontán en Portas, o xacemento da Igrexa Vella de Santa Comba en Louro (Valga) e as Torres de Oeste, en Catoira.

 

Tamén, 108 persoas pertencentes á Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós visitarán o castro de Santa Trega na Guarda, o Espazo Fortaleza en Goián (Tomiño) e o conxunto histórico, o monte Aloia e o Alto dos Cubos en Tui.

 

Por outra banda, 54 persoas da Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados  visitarán o conxunto histórico de Cangas, a igrexa do Hío, o miradoiro da costa de Soavela e Cabo Home mentres que, en Bueu, acudirán a Cabo Udra e ao Museo Massó.

 

Tamén , 108 persoas da Asociación de Veciños de San Mamed de Torroso coñecerán Cambados, que é a Cidade Europea do Viño, así como o Museo Etnográfico do Viño, as ruínas de Santa María Dozo, o conxunto histórico da cidade, a adega do pazo de Fefiñáns (con degustación) e o Museo Muíño de Mareas da Seca.  

 

Por último, 34 persoas da Federación Cogami de Pontevedra coñecerán o conxunto histórico e o Museo da cidade de Pontevedra e a illa de Covo.

 

“En Ruta coa Depo” ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia  e inclúe xantar e trasporte.

 

No 2017 participaron na iniciativa “En Ruta coa Depo” 17.501 persoas pertencentes a 410 entidades da provincia. Para este 2018 foron adxudicadas en total 19.814 prazas, 2.313 máis que o ano anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.