GALICIA
Os fogares galegos aforraron 83 millóns de euros en 2017 grazas a rebaixa de impostos nas herdanzas
![[Img #43081]](upload/img/periodico/img_43081.jpg)
Os fogares galegos aforraron o pasado ano 83 millóns de euros no pago de impostos á Xunta en herdanzas e no medio rural, a consecuencia da rebaixa fiscal aprobada polo Goberno galego e que está en vigor desde xaneiro de 2016, segundo mostran os datos da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
A directora deste organismo, María Victoria González, informaba este mes e no Parlamento da actividade desenvolvida pola Atriga durante o pasado exercicio. No eido fiscal, destacou que 2017 foi o primeiro ano no que a baixada de impostos aprobada pola Xunta tivo un efecto completo. Por mor disto, un total de 98.141 contribuíntes galegos recibiron unha herdanza e non pagaron nin un euro no Imposto sobre Sucesións, xa que máis do 99% dos galegos non pagan este imposto cando reciben unha herdanza dun familiar directo.
Ademais, outros 17.816 contribuíntes beneficiáronse do programa de Impostos cero no rural, máis do dobre que o ano anterior. Este programa deixa libre de impostos á Xunta a adquisición dun ben rústico ou a ampliación dunha explotación agraria, e foi ampliado en 2017 á adquisición dunha vivenda habitual no medio rural para todos os menores de 36 anos, as persoas con discapacidade e as familias numerosas. No actual exercicio volveu ser ampliado con novas medidas para fomentar o alugueiro de inmobles rústicos, a participación en cooperativas agrarias ou os investimentos asociados ás sociedades de xestión forestal.
María Victoria González tamén sinalou que a Atriga obtivo o pasado ano 6,9 euros por cada euro investido nas actuacións de loita contra a fraude fiscal, o que permitiu aflorar 144 millóns de euros de débeda non declarada polos contribuíntes. Este organismo comprobou no último exercicio máis de 325.000 autoliquidacións do Imposto de transmisións patrimoniais e do Imposto sobre sucesións e doazóns, xa que ambos tributos concentran a maior parte dos ingresos tributarios xestionados pola Xunta. Isto supuxo un aumento do 16% respecto ás autoliquidacións comprobadas no exercicio anterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168