Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 13 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva: "Vigo e Pontevedra están de parabéns con estimacións de ocupación para outro verán de récord"

[Img #43082]

 

"A provincia de Pontevedra está de parabéns, con datos de ocupación extraordinarios e con datos de rendibilidade e de emprego que nos sitúan entre as provincias máis avanzadas. Non se pode pedir máis". A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu os datos das estimacións de ocupación hoteleira en Pontevedrarovincia para o verán de 2018, que sinalan que, mentres que "de media na provincia superaremos o 80 %", no caso da comarca de Vigo as estimacións sitúanse en torno ao 90 %, isto é, preto de 10 puntos máis que a media provincial.


Deste xeito, a comarca de Vigo tería unhas estimacións de ocupación do 97 % durante o mes de xullo e do 92 % durante o mes de agosto. "Trátase dun incremento moi significativo fronte ás estimacións do verán pasado, xa que estamos a falar de sete puntos máis do agardado en 2017", sinalou Carmela Silva. A presidenta provincial asegurou que "estou segura de que imos incrementar os resultados definitivos de 2017", que foron do 87,55 % na provincia (84 % en xullo e 91,1 % en agosto). Este optimismo estaría en sintonía con entidades como Feprohos que, informou Carmela Silva, "asegura que a ocupación media este ano será un 3 % superior á definitiva acadada o verán pasado".


Ademais, con datos xa pechados, a presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que a ocupación durante o mes de xuño foi do 70 % na comarca de Vigo, fronte ao 68 % rexistrado a nivel provincial, dun 68 % no Baixo Miño e dun 65 % no Condado e A Paradanta. A presidenta resaltou que durante este mes "houbo unha elevada ocupación na cidade de Vigo" grazas en boa parte ao turismo de congresos, xa que a cidade olívica "acolleu en xuño máis dunha ducia de citas profesionais que encheron ao 100 % numerosos hoteis da cidade". Carmela Silva tamén sinalou o papel líder que ten Vigo no turismo de congresos a nivel galego, xa que "durante o primeiro semestre do ano o 48 % entrou polo Porto de Vigo".


Respecto ao que levamos de ano, segundo o INE de xaneiro a maio de 2018, a provincia xa recibiu a preto de 380.000 visitantes, de quen o 75 % eran estatais (máis de 286.000) e o 25 % restante eran persoas estranxeiras (preto de 93.000 persoas). "Nestes primeiros cinco meses do ano recibimos xa preto de 3.000 persoas máis que o ano pasado, cando nos visitaron algo menos de 376.300 persoas", informou a presidenta. Carmela Silva sinalou que "de todas esas persoas, Vigo acolleu a máis de 142.000 das que 40.000 procedían do estranxeiro", isto é, o 28 % fronte ao 21 % de 2013. Estes datos sinalan que Vigo recibe ao 32,3 % das persoas que visitan #PontevedraProvincia e o 9 % das que visitan toda Galicia. "No 2017, a cidade rexistrou 421.000 visitantes, un ano de récord que este 2018 vai polo mesmo camiño", asegurou a presidenta.

 

Peinador fundamental
Ademais, Peinador é un dos factores que a provincia de Pontevedra rexistre un incremento da rendibilidade económica das actividades turísticas, fronte ao descenso xeneralizado do Estado. "A provincia aumenta un 11,9 % en canto a ingreso medio por habitación dispoñible e un 7,7 % no emprego" e isto está ligado, informou Carmela Silva, ao turismo do interior e "á notable afluencia de turismo estranxeiro con fortes mellores da nosa conectividade aérea". A presidenta incidiu en que "levamos tempo dicíndolle á Xunta que se aposta polo Aeroporto de Vigo terá consecuencias moi positivas para Galicia".


A presidenta provincial resaltou que o Aeroporto de Peinador, "malia aos problemas que está a ter ultimamente co sistema antinéboa, que ninguén entende que se faga agora, rexistrou xa este ano preto de 416.500 pasaxeiras e pasaxeiros". Este ano supón un incremento do 9 % respecto ao mesmo período de 2017. Deste xeito, o Aeroporto de Vigo é o que máis medra de Galicia, fronte ao 8,6 % de Alvedro e o 4,6 % de Lavacolla. Carmela Silva valorou que "este ano o máis seguro é que superemos a cifra do ano pasado, que foi superior ao millón de viaxeiras e viaxeiros". Peinador une #PontevedraProvincia con 16 destinos durante este verán: 9 cidades españolas (Barcelona, Bilbao, Eivisa, As Palmas, Madrid, Menorca, Palma de Mallorca, Tenerife Norte e Valencia) e 7 internacionais (Bolonia, Dublín, Edimburgo, Lisboa, Londres, Milán e París).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.