Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Martes, 17 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As "Barbies intervidas" chegan a Mondariz

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada provincial Isaura Abelairas, polo alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, e de dúas das artistas creadoras da mostra, Isabel Blanco e Irene Silva, inauguraban a principios de mes na praza de Abastos da vila, a exposición "Rompe. Xoga en igualdade". Esta mostra de igualdade foi inaugurada en Pontevedra con motivo do 8 de marzo e tras o seu paso polo Pazo provincial comezou o seu percorrido en Vigo e Ponteareas para chegar agora a Mondariz.


A exposición está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impáctante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos.


A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo. Pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos. Desta maneira, as artistas creadoras da mostra interviñeron as bonecas para romper e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade para que se poña fin á discriminación e á violencia machista. Trátase dunha mostra cun importante valor simbólico e, por iso, diante de cada peza haberá un martelo co fin de trasladar a idea de romper con esta situación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.