Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 20 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación destina 60.000 euros á compra dun inmoble na Guarda

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou unha nova achega para o concello da Guarda, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 60.000 euros.


Máis polo miúdo, con esta axuda a institución provincial financiará a compra dun inmoble na rúa Ireira núm. 10 no concello da Guarda, que pasará a formar parte do patrimonio do concello. En concreto, a edificación conta cun patio anexo que favorecerá o tránsito entre as rúas Ireira e rúa do Muro. Con esta achega, A Guarda xa ten recibido 616.148,14 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 45,68 % do plan provincial.


Neste senso, co Plan Concellos 2018, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello un total de 1.348.813,20 euros, o que supón un 76,09 % máis que o ano pasado.


Este ano a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.