Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 09 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os orixinais do Álbum Nós xa forman parte da colección permanente do Museo de Pontevedra

Foron localizados polo equipo técnico do Museo no mes de marzo de 2016 tras máis de 80 anos desaparecidos

[Img #43100]

 

O martes 3 de xullo ás 19 horas volvía abrirse a Sala Castelao do segundo andar do Sexto Edificio tras a remodelación da que foi obxecto para acoller as 50 estampas orixinais do Álbum Nós. A exhibición permanente destas obras pon o broche a máis de oito décadas de busca constante por parte de diferentes axentes do mundo da arte, posto que se perdera a pista do seu paradoiro desde a década de 1930. Hai que lembrar que os orixinais apareceran no mes de marzo de 2016 no marco do Ano Castelao, cando o equipo técnico do Museo de Pontevedra estaba a traballar na compilación de obra orixinal do artista rianxeiro para a mostra ‘Meu Pontevedra', que conmemoraba o centenario da chegada do artista á cidade do Lérez.

 

 

 

 

"A aparición dos orixinais foi un dos fitos históricos máis importantes dos últimos anos no eido da arte galega, e agora coa incorporación desta obra á colección do Museo poñémola a disposición de toda a sociedade que é precisamente o lugar que lle corresponde" asegura o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, sobre a incorporación das estampas á colección permanente do Museo de Pontevedra. O deputado tamén amosa o seu agradecemento, no nome da Deputación e do Museo, á familia propietaria da obra que tras unha cesión puntual para a exposición ‘Meu Pontevedra', agora aceptou unha cesión temporal por un período inicial de 5 anos. A familia propietaria, que en todo momento quere permanecer no anonimato, foi a encargada de custodiar os debuxos orixinais durante todo o tempo que permaneceron ‘desaparecidos' para o público

 

 

 

 

Benvida institucional 

A presidenta da Deputación, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, encabezaron un acto institucional de benvida dos orixinais ao Museo, no que tamén participarán o director do Museo, Carlos Valle, e as persoas conservadoras responsables do achado, Ángeles Tilve e José Manuel Castaño. O acto incluirá Cantares de cego, a cargo do músico Luis Caruncho, e unha intervención artística baseada nas propias estampas, a cargo da poeta e performer Tamara Andrés.   

 

Castelao realizou as estampas do Álbum Nós entre os anos 1916 e 1918, que expuxo por primeira vez na Coruña en 1920. Posteriormente, entre os anos 1921 e 1924 sería exposto en Madrid, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Monforte de Lemos, Ferrol, Pontevedra, Barcelona, Vigo e Santiago de Compostela. En 1931 editaríase en formato libro. A desaparición dos orixinais desde a década de 1930 foi unha constante fonte de pescudas e hipóteses que, finalmente, derivou no achado histórico por parte do equipo do Museo fai dous anos. A partires do vindeiro martes, os 50 debuxos que o compoñen xa permanecerán accesibles para o público no Museo que atesoura a maior parte da obra e dos arquivos de Castelao.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.