Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 13 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

On PP denuncia o "deterioro" das novas beirarrúas de Pontellas

O PP do Porriño reclama á Concellería de Vías e Obras "que proceda de xeito urxente á reparación do firme así como á reclamación de responsabilidades á empresa adxudicataria da obra"

[Img #43118]

 

En febreiro do 2017 finalizaban as obras de dotación de beirarrúas do tramo comprendido entre Maderas Iglesias e San Campio, na parroquia de Pontellas, xestionadas e proxectadas polo Goberno Municipal do Partido Popular en resposta á demanda dos veciños e veciñas de San Andrés, San Campio, Centeáns e Quintenla co fin de aumentar a seguridade vial da veciñanza que cada día transita por este tramo así como dos centos de peregrinos do Camiño Portugués que escollen a diario esta vía como alternativa á vertente oficial que atravesa o Polígono Industrial.


Agora, un ano despois, de que o actual executivo adxudicase e executase estas obras, as novas beirarrúas, que abranguen un tramo duns 2 kilómetros, o PP denuncia que "atópanse deterioradas e co pavimento levantado, supoñendo unha verdadeira carreira de obstáculos e un evidente risco de caída para os transeúntes".  

 

 

 

 

"A dotación de beirarrúas no tramo comprendido entre Maderas Iglesias e San Campio foi xestionado e proxectado polo Goberno Municipal do PP para garantir a seguridade vial nun tramo altamente transitado por peóns" explican

 

 

 


Dende o PP do Porriño reclaman á Concellería de Vías e Obras "que proceda, de xeito urxente á reparación do firme destas beirarrúas, así como a pertinente reclamación á empresa adxudicataria das obras. O proxecto foi adxudicado a Obras Reformas e Saneamentos SL por un importe de 173.967,80 euros con cargo ao Plan Concellos 2015 da Deputación de Pontevedra, tendo vencido recentemente o prazo de 12 meses de garantía".  "A reparación das beirarrúas neste tramo é unha actuación esencial para garantir a seguridade vial", abunda M. Alejandro Lorenzo, "Centos de persoas transitan a diario por este tramo, sobre todo no verán cando aumenta notablemente a afluencia. Estas reparacións deben acometerse de xeito urxente e reclamar as correspondentes responsabilidades á empresa encargada de levar a cabo estas obras".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.